Estás en:Emprego Novas

A Deputación organiza o 14 de outubro un encontro entre persoas emprendedoras no coworking do Pazo de Arenaza con motivo da Startup Europe Week

A Deputación, dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL) organiza no Pazo de Arenaza o evento, que reunirá a emprendedores e emprendedoras da provincia con proxectos innovadores/ou de base tecnolóxica
O evento, cun formato mixto, presencial e telemático, enmárcase na Startup Europe Week (#SEW21) impulsada pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito local
Os participantes terán ocasión de compartir un café de networking con emprendedores de éxito, impulsores de proxectos empresariais como STGO, OpositaTest, AllGenetics e DromoSport

A Deputación organiza o 14 de outubro un encontro entre persoas emprendedoras no coworking do Pazo de Arenaza con motivo da Startup Europe Week

A Deputación da Coruña organiza a terceira edición das súas xornadas dedicadas aos emprendedores e emprendedoras enmarcada na Startup Europe Week (#SEW21), un acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito local.

Na SEW21, que se celebrará no coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros) o vindeiro xoves 14 de outubro ás 10:00 horas, daranse a coñecer os diferentes recursos que a institución provincial pon á súa disposición a través do Plan de Emprego Local e xerarase debate e intercambio de boas prácticas entre as persoas asistentes e as persoas promotoras de iniciativas empresariais provinciais innovadoras e tecnolóxicas, como son STGO, OpositaTest, AllGenetics e DromoSport.

Nun formato innovador de "world café", os participantes terán ocasión de falar e compartir café cos impulsores destas empresas: Santiago González, CEO e co-fundador de STGO; a doutora Alejandra Perina, directora de bioinformática, co-fundadora e socia de AllGenetics & Biology S.L.; Jonathan García, CEO e co-fundador de Opositatest.com e Olga Pariente, fundadora de Dromo Sport.

Ademais, o Doutor Antonio Hyder, investigador na Universidade de Stanford e director de investigación científica en Hackers & Founders (Palo Alto, EE.UU.) falará do desenvolvemento de ecosistemas tecnolóxicos e científico no territorio.

Este ano o evento contará cun formato mixto presencial e online. As persoas interesadas poden inscribirse na web: http://startupeuropeweek.eu/events/84

Programa:

10.00h. Recepción de participantes e presentación da Startup Europe Week

10.10h. Desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico e científico

Dr. Antonio Hyder, Director de Investigación Científica en Hackers and Founders (Palo Alto, CA, USA)

10.25h. Presentación de iniciativas empresariais innovadoras e tecnolóxicas postas en marcha na provincia:

DromoSport plataforma e-commerce de bicicletas e rodas

STGO estudio de arquitectura e deseño multimedia

Opositatest plataforma dixital líder en España para a preparación de oposicións

AllGenetics & Biology S.L. compañía de servizos xenómicos con proxectos de I+D nas áreas de secuenciación masiva e bioinformática

10.45h. World café con emprendedores de éxito:

Olga Pariente, fundadora de Dromo Sport

Santiago González, CEO de STGO

Jonathan García, CEO e co-fundador de Opositatest.com

Alejandra Perina, directora de bioinformática, co-fundadora e socia de AllGenetics & Biology S.L.

12.05h. Mesa de conclusións do world café

12.20h. O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, impulsando a xeración de emprego, o fomento do emprendemento e a captación de talento desde 2016

Equipo Técnico do Plan de Emprego Local (PEL)

12.50h. Clausura institucional

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X