Estás en:Emprego
CCOO solicita á Corporación que aplique o permiso parental para coidado de fillo/a menor de 8 anos

Permiso parental de oito semanas

CCOO ten intención de desenvolver unha proposta de regulamento de conciliación que incorpore esta e moitas outras medidas de conciliación

Permiso parental de oito semanas

Logo do arduo traballo de redacción do regulamento de Carreira Profesional Horizontal e desenvolvemento do modelo de datos que acredita o seu axuste orzamentario, e unha vez rematada a complicada negociación do dito regulamento, corresponde avanzar en dereitos laborais de conciliación

CCOO solicita á Corporación que aplique o permiso parental para coidado de fillo/a menor de 8 anos, tal e como recolle o artigo 49.g) do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. O dito apartado g) foi incluído no RDL 5/2015 polo art. 128.2 do Real Decreto-lei 5/2023, do 28 de xuño, e establece o permiso parental para o coidado de fillo, filla ou menor acollido por tempo superior a un ano ata o momento en que o menor cumpra oito anos. O dito permiso, supeditado ás necesidades do servizo, terá unha duración máxima de oito semanas que poderán ser continuas ou descontinuas así como a tempo parcial ou en xornada completa.

CCOO ten intención de desenvolver unha proposta de regulamento de conciliación que incorpore esta e moitas outras medidas de conciliación. Non só todas as recollidas en normativa, senón outras aplicadas en distintas administracións e incluso algunhas novas nas que estamos traballando. En definitiva, trátase de elaborar un regulamento para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras da Deputación da Coruña, un compromiso do noso programa sindical. Mais mentres non estea desenvolvido, negociado e aprobado, solicitamos á Corporación que comece a aplicar medidas recollidas en normativa como o permiso parental para coidado de fillo, filla ou menor acollido.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X