Estás en:Emprego Novas

Formoso inaugura o II Seminario de Dereito Laboral e Seguridade Social do Colexio de Avogados de Ferrol

Formoso inaugura o II Seminario de Dereito Laboral e  Seguridade Social do Colexio de Avogados de Ferrol

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na inauguración do II Seminario de Dereito Laboral e Seguridade Social, organizado polo Colexio de Avogados de Ferrol.

Xunto ao presidente partiparon no acto inaugural o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o vicedecano do Colexio de Avogados de Ferrol, Fernando Barro Sanín, a directora da Escola de Práctica Xurídica, Carolina López, e o secretario da facultade de Ciencias do Traballo da USC, Moisés Alberto García.

Formoso subliñou a "importancia da xustiza como principal valor dunha sociedade democrática e de progreso" e a necesidade dunha formación continua dos profesionais da avogacía con seminarios coma este, "no que se abordarán temas de actualidade como as pensións nunha comunidade como Galicia, que conta con máis de 778.000 pensionistas e onde temos a segundas pensións máis baixas de España".

"O dereito á desconexión dixital, os novos debates dobre a redución da xornada laboral ou a inmigración e o mercado laboral son outros dos temas que se abordarán nestas xornadas a cargo de prestixiosos especialistas, que estou seguro de que van enriquecer a formación xurídica dos profesionais desta comarca, que ademáis é unha referencia na loita polos dereitos sociais e laborais", afirmou o presidente da Deputación.

Acompañado do vicedecano, Formoso coñeceu tamén as instalacións do Colexio de Avogados e os servizos que ofrece aos seus colexiados e asinou no libro de ouro da entidade.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X