Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña expresa a súa solidariedade e apoio ás persoas afectadas pola DANA

Representantes políticos, traballadores e traballadoras da institución provincial levaron a cabo un minuto de silencio en memoria das vítimas

A Deputación da Coruña expresa a súa solidariedade e apoio ás persoas afectadas pola DANA

A Deputación da Coruña lembra a memoria das vítimas mortais provocadas pola DANA e expresa a súa solidariedade e apoio a todas as persoas afectadas na Comunidade Valenciana e Albacete.

Representantes políticos e traballadores e traballadoras da institución provincial concentráronse este mediodía nun minuto de silencio fronte á sede da Deputación en sinal de solidariedade cos afectados por esta catástrofe, que deixa máis de medio cento de persoas mortas, moitos desaparecidos e importantes danos materiais.

O presidente da institución, Valentín González Formoso, quixo expresar "as condolencias ás familias que perderon aos seus seres queridos e a nosa solidariedade e afecto, a de toda a cidadanía da provincia da Coruña, coas persoas que están a sufrir unha situación tan dramática e devastadora".

Formoso ofreceu "todo o apoio e colaboración da Deputación" no que se precisen nas zonas afectadas por esta catástrofe.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X