Estás en:Emprego

O Pazo de Arenaza convértese no epicentro do emprendemento galego coa Startup Europe Week 2025

A Deputación da Coruña celebrou con éxito unha nova edición da Startup Europe Week (#SEW25) no Pazo de Arenaza, consolidando este espazo como punto de encontro clave para o emprendemento local cunha xornada centrada na innovación, a intelixencia artificial e o networking

O Pazo de Arenaza convértese no epicentro do emprendemento galego coa Startup Europe Week 2025

A quinta edición da Startup Europe Week organizada pola Deputación da Coruña reuniu o pasado xoves 15 de maio a emprendedores e emprendedoras da provincia no Pazo de Arenaza, en Oleiros, cun obxectivo claro: fortalecer o ecosistema local achegándoo ás oportunidades europeas.

Esta iniciativa, promovida pola Comisión Europea e presente en máis de 300 cidades de 50 países, é considerada o maior evento de emprendemento rexional do mundo, cunha participación global de máis de 200.000 persoas ao longo das súas edicións.

Durante a xornada, un total de 25 asistentes tiveron a oportunidade de coñecer catro startups galegas —Aguia Analítica Avanzada, YepCode, Artgonuts e Cero de costa— e compartir experiencias nun formato "world café", que facilitou un diálogo directo entre os participantes e os impulsores dos proxectos.

A continuación, a deputada provincial de emprego, industria, política demográfica e medio ambiente, Rosa Ana García, puxo en valor o compromiso da Deputación da Coruña co impulso ao emprendemento e á innovación empresarial na provincia.

O acto culminou cunha inspiradora charla sobre Intelixencia Artificial a cargo de Isaac Martín, fundador de ChavetasTech, baixo o título "Produtividade x10 con IA para lanzar a túa StartUp". A sesión finalizou cun espazo distendido de networking e picoteo, no que os asistentes puideron seguir intercambiando ideas e creando sinerxías.

Sobre O Pazo de Arenaza

O Pazo de Arenaza é un espazo de coworking público que forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación de A Coruña.

Con el preténdese mellorar o tecido freelancer da contorna, ofrecendo eventos postos de traballo completamente gratuitos e eventos nos que os emprendedores e proxectos poderán non só aprender, senón tamén mellorar as súas conexións profesionais.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X