Actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos e entidades locais menores - 22/06/2026
Convocatoria:
Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos:
Axudar aos concellos e ás entidades locais menores responsables de sistemas de saneamento a executar actuacións para reducir infiltracións nos seus sistemas de saneamento, contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos ambientais nun complexo escenario de cambio climático.
Entidades beneficiarias:
Concellos que teñan unha poboación total inferior a 20.000 habitantes e as entidades locais menores, e que sexan responsables de sistemas de saneamento.
Gastos subvencionables:
Investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á execución das actuacións incluídas na auditoría municipal das redes de saneamento que teña aprobada a entidade local, sempre que a auditoría municipal da rede de saneamento aprobada polo concello ou entidade local menor conte cun plan de actuacións para reducir as infiltracións na rede de saneamento municipal no cal se recolla toda a información xerada, a análise e interpretación dos resultados obtidos, o inventario das deficiencias detectadas e as propostas de medidas correctoras para a súa emenda, priorizadas e valoradas técnica e economicamente.
Contía da subvención:
O importe da subvención será do 100 % do gasto subvencionable, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €).
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 20/05/2026 - 22/06/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Teléfono: 981541632
Email: xuridico.augas@xunta.gal
