Axudas concedidas para obras de eficiencia enerxética vinculados á prestación de servizos municipais
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DOGA 15/07/2026
RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D) (Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro).
