A Deputación da Coruña destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia
González Formoso destaca o apoio da Deputación a "un sector estratéxico, de gran importancia social e económica na provincia"
O BOP publica hoxe a concesión das subvencións destinadas a apoiar aos pósitos da provincia na contratación de persoal e na modernización dos procesos de produción e comercialización

A Deputación da Coruña destina este ano unha partida de 455.614,38 euros para apoiar a 31 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización.
A resolución desta liña de axudas para a contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades ou contratación de servizos externos, como a vixilancia, publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As axudas oscilan entre os 3.600 e os 20.000 euros.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que con estas liñas de axudas da área de Promoción Económica, o goberno provincial quere seguir apoiando un "sector estratéxico, de gran importancia social e económica en Galicia e particularmente na provincia da Coruña, onde pesca e acuicultura dan emprego a preto de 10.000 traballadores e onde se concentra o 53% da pesca fresca da nosa comunidade".
Beneficiarios |
Importe da subvención |
Beneficiario: AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLÓNS |
8.363,49€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE BARQUEIRO BARES |
5.600,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CARREIRA E AGUIÑO |
11.539,23€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORME |
9.198,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE FERROL |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DA CORUÑA |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE LAXE |
17.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE LORBÉ |
3.600,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MALPICA |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MIÑO |
7.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS |
17.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS |
17.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES NUESTRA SEÑORA DEL CARMEN DE CARIÑO |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA |
17.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES A POBRA DO CARAMIÑAL |
5.693,66€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE CABO CRUZ |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE CORCUBIÓN |
12.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE ESPASANTE |
7.500,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE LIRA |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES O PINDO |
19.720,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN ANDRES |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN BARTOLOMÉ DE NOIA |
20.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN PEDRO SANTA E.RIBEIRA |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS |
15.000,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON |
14.400,00€ |
Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL |
20.000,00€ |
Beneficiario: PÓSITO DE PESCADORES DE RIANXO |
15.000,00€ |