Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña financia a contratación de 500 persoas nos concellos coruñeses este ano

A Deputación activa a liña PEL-Concellos 2019, dotada con 3 millóns de euros para apoiar aos 82 municipios coruñeses de menos de 20.000 habitantes na creación de emprego

As contratacións primarán a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego:
parados de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

González Formoso subliña que o programa favorece a inserción laboral de arredor de 500 persoas cada ano e contribúe a mellorar os servizos públicos dos municipios

Esta liña do PEL xa apoiou a creación de preto de 1.000 postos de traballo nos concellos coruñeses en 2017 e 2018

A Deputación da Coruña financia a contratación de 500 persoas nos concellos coruñeses este ano

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destinará durante 2019 un orzamento de case 3 millóns de euros para apoiar aos concellos da provincia na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O organismo provincial vén de publicar no BOP as bases da nova convocatoria do PEL-Concellos, á que poderán acollerse, ata o vindeiro 15 de marzo, os 82 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou os bos resultados obtidos nos últimos anos polo programa PEL-Concellos, "que facilita a inserción laboral de preto de 500 coruñeses e coruñesas cada ano e, ao mesmo tempo, contribúe a mellorar os servizos públicos dos nosos municipios", sostivo.

Formoso afirmou que nos exercicios 2017 e 2018 esta liña do PEL supuxo financiar a creación de 921 postos de traballo nos pequenos concellos coruñeses e apuntou que "este ano volverá a ter un importante protagonismo, especialmente para favorecer a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para atopar un emprego".

O executivo de González Formoso mantén en 2019 a súa aposta polo emprego, triplicando un ano máis o orzamento que os anteriores gobernos provinciais destinaban á creación de emprego nos concellos, e usando como criterio de distribución das axudas o número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo no anterior mandato, "de xeito que non só se incrementa notablemente o investimento, senón que o reparto é máis equitativo e acorde ás necesidades reais cada concello", apuntan dende o goberno provincial.

Tomando como base a porcentaxe de desempregados de cada municipio sobre o total de parados nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes establécese unha táboa de asignación económica por tramos que van dende os 19.000 aos 52.000 euros por municipio (ver táboa ao final da nota).

Este ano Cee, Rianxo, A Laracha, Noia, Betanzos, Fene, Teo, Sada e Boiro serán os municipios que reciban a maior achega (52.000 €) para a contratación de persoal, mentres que Vilasantar será o único municipio coruñés que perciba 19.000 €.

O resto dos concellos recibirán unha asignación que oscilará entre os 22.000 e os 49.000 euros cos que poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2019, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento da rede de saneamento e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Próximas liñas de apoio a PEME e emprendedores

O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

Ademais desta liña de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial abrirá de novo no primeiro trimestre deste ano o período de solicitudes da liña PEL-PEME, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e a liña PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas de recente creación, promoción de viveiros de empresas e espazos de coworking.

 

TÁBOA DE ASIGNACIÓN POR CONCELLOS DA LIÑA PEL-CONCELLOS (2017-2019)

 

 

 

Concello

PEL CONCELLOS

PEL CONCELLOS 2017

PEL CONCELLOS 2018

PEL CONCELLOS 2019

EMPREGOS

CREADOS

CONCEDIDO

EMPREGOS

CREADOS

CONCEDIDO

CANTIDADE

MÁXIMA A SOLICITAR

Abegondo

5

         34.000,00 €

4

         31.000,00 €

34.000,00 €

Aranga

4

         19.000,00 €

4

         19.000,00 €

22.000,00 €

Ares

12

         46.000,00 €

9

         43.000,00 €

46.000,00 €

Arzúa

5

         37.000,00 €

6

         37.000,00 €

37.000,00 €

Baña, A

5

         31.000,00 €

5

         31.000,00 €

31.000,00 €

Bergondo

7

         42.842,89 €

6

         42.842,89 €

43.000,00 €

Betanzos

7

         52.000,00 €

7

         51.984,42 €

52.000,00 €

Boimorto

3

         22.000,00 €

3

         22.000,00 €

25.000,00 €

Boiro

6

         52.000,00 €

6

         52.000,00 €

52.000,00 €

Boqueixón

4

         26.764,48 €

4

         28.000,00 €

31.000,00 €

Brión

6

         43.000,00 €

5

         43.000,00 €

46.000,00 €

Cabana de Bergantiños

7

         37.000,00 €

9

         37.000,00 €

37.000,00 €

Cabanas

6

         31.000,00 €

7

         28.000,00 €

28.000,00 €

Camariñas

7

         43.000,00 €

7

         39.803,19 €

43.000,00 €

Capela, A

4

         22.000,00 €

3

         19.000,00 €

25.000,00 €

Cariño

3

         31.000,00 €

4

         31.000,00 €

31.000,00 €

Carnota

8

         31.000,00 €

8

         31.000,00 €

34.000,00 €

Carral

3

         35.468,51 €

5

         36.447,37 €

40.000,00 €

Cedeira

4

         43.000,00 €

5

         43.000,00 €

43.000,00 €

Cee

14

         49.000,00 €

12

         49.000,00 €

52.000,00 €

Cerceda

7

         33.999,45 €

7

         31.000,00 €

31.000,00 €

Cerdido

3

         19.000,00 €

3

         19.000,00 €

22.000,00 €

Coirós

6

         22.000,00 €

6

         22.000,00 €

25.000,00 €

Corcubión

3

         25.000,00 €

3

         24.958,95 €

25.000,00 €

Coristanco

0

                        -   €

0

                        -   €

49.000,00 €

Curtis

4

         28.000,00 €

4

         28.000,00 €

28.000,00 €

Dodro

6

         31.000,00 €

6

         31.000,00 €

31.000,00 €

Dumbría

7

         31.000,00 €

7

         31.000,00 €

37.000,00 €

Fene

7

         51.551,35 €

7

         51.709,16 €

52.000,00 €

Fisterra

6

         41.244,30 €

5

         43.000,00 €

43.000,00 €

Frades

5

         25.000,00 €

5

         25.000,00 €

25.000,00 €

Irixoa

5

         19.000,00 €

5

         19.000,00 €

25.000,00 €

Laracha,A

10

         49.000,00 €

10

         49.000,00 €

52.000,00 €

Laxe

6

         34.000,00 €

6

         34.000,00 €

37.000,00 €

Lousame

4

         28.000,00 €

4

         28.000,00 €

28.000,00 €

Malpica

12

         37.000,00 €

13

         40.000,00 €

43.000,00 €

Mañón

4

         22.000,00 €

4

         19.000,00 €

25.000,00 €

Mazaricos

4

         27.970,00 €

5

         30.992,05 €

28.000,00 €

Melide

4

         43.000,00 €

4

         46.000,00 €

46.000,00 €

Mesía

3

         25.000,00 €

2

         25.000,00 €

25.000,00 €

Miño

6

         43.000,00 €

5

         40.000,00 €

40.000,00 €

Moeche

3

         19.000,00 €

3

         19.000,00 €

22.000,00 €

Monfero

2

         22.000,00 €

2

         22.000,00 €

25.000,00 €

Mugardos

5

         46.000,00 €

5

         43.000,00 €

43.000,00 €

Muros

6

         46.000,00 €

6

         46.000,00 €

46.000,00 €

Muxía

15

         37.000,00 €

15

         37.000,00 €

37.000,00 €

Neda

11

         40.000,00 €

11

         40.000,00 €

43.000,00 €

Negreira

6

         46.000,00 €

6

         46.000,00 €

46.000,00 €

Noia

11

         47.279,56 €

12

         49.094,63 €

52.000,00 €

Ordes

6

         52.000,00 €

6

         52.000,00 €

52.000,00 €

Oroso

4

         42.538,39 €

4

         42.538,39 €

43.000,00 €

Ortigueira

7

         39.980,85 €

7

         40.000,00 €

43.000,00 €

Outes

6

         37.000,00 €

6

         40.000,00 €

37.000,00 €

Oza-Cesuras

7

         30.987,78 €

5

         31.000,00 €

34.000,00 €

Paderne

4

         25.000,00 €

4

         24.959,52 €

25.000,00 €

Padrón

9

         49.000,00 €

9

         49.000,00 €

49.000,00 €

Pino, O

4

         31.000,00 €

4

         31.000,00 €

34.000,00 €

Pobra do Caramiñal

4

         46.000,00 €

3

         46.087,87 €

49.000,00 €

Ponteceso

4

         37.000,00 €

4

         34.000,00 €

40.000,00 €

Pontedeume

5

         49.000,00 €

4

         46.000,00 €

46.000,00 €

As Pontes

9

         49.000,00 €

15

         46.000,00 €

46.000,00 €

Porto do Son

4

         46.000,00 €

4

         49.000,00 €

46.000,00 €

Rianxo

6

         52.000,00 €

6

         52.000,00 €

52.000,00 €

Rois

4

         34.000,00 €

4

         37.000,00 €

34.000,00 €

Sada

6

         52.000,00 €

8

         52.000,00 €

52.000,00 €

San Sadurniño

3

         28.000,00 €

3

         25.000,00 €

28.000,00 €

Santa Comba

10

         49.000,00 €

10

         49.000,00 €

49.000,00 €

Santiso

3

         22.000,00 €

3

         22.000,00 €

25.000,00 €

Sobrado

3

         19.000,00 €

3

         22.000,00 €

25.000,00 €

As Somozas

2

         19.000,00 €

2

         19.000,00 €

25.000,00 €

Teo

5

         51.638,92 €

5

         52.000,00 €

52.000,00 €

Toques

2

         19.000,00 €

2

         19.000,00 €

25.000,00 €

Tordoia

4

         25.000,00 €

3

         25.000,00 €

25.000,00 €

Touro

8

         28.000,00 €

8

         28.000,00 €

28.000,00 €

Trazo

4

         22.544,80 €

4

         25.000,00 €

25.000,00 €

Val do Dubra

4

         31.000,00 €

4

         27.774,78 €

28.000,00 €

Valdoviño

5

         46.000,00 €

5

         43.000,00 €

46.000,00 €

Vedra

6

         31.000,00 €

5

         31.000,00 €

31.000,00 €

Vilarmaior

3

         19.000,00 €

2

         19.000,00 €

22.000,00 €

Vilasantar

4

         19.000,00 €

12

         19.000,00 €

19.000,00 €

Vimianzo

5

         42.714,88 €

5

         45.821,85 €

43.000,00 €

Zas

6

         33.828,00 €

5

         34.000,00 €

34.000,00 €

 

TOTAL

 

457

 

   2.845.354,16 €

 

464

  

2.833.015,07 €

          

 2.995.000,00 €

Páxinas suxeridas