Estás en:Emprego Novas

O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e Carballo sitúanse nos postos dous e tres de "Destino +Top"

O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e Carballo sitúanse nos postos dous e tres de

Dous destinos da Coruña, o Proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal e Carballo, entran co posto número dous e tres na listaxe de "Destino +TOP" por votación do público dos 40 canais que compoñen a Cadena Local TV. No número un da convocatoria recoñeceuse a transformación de Bilbao nos únicos anos converténdose en cidade de grande atractivo turístico.

O vicepresidente e deputado de turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, recolleu na Feira Internacional de Turismo, Fitur, os recoñecementos a Carballo e o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal como destinos máis TOP do programa destinado a viaxes da Cadena Local TV. A selección corre a cargo do público telespectador que escolle entre os programas emitidos.

O público que vota os mellores programas televisivos é o que optou polo Proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal e Carballo para situalos nos números dous e tres da listaxe final dos máis apoiados.

No caso de Carballo, o programa sorprendeu pola súa proposta de turismo global para toda a familia. No espazo televisivo realizouse un percorrido pola vila e o seu mercado, destacando a calidade da produción de cercanía e, de maneira especial, valorouse que se teña convertido nun verdadeiro "Museo ao ar libre" grazas ao traballo de recoñecidos nomes do muralismo que cada ano engaden novas obras ás súas paredes. Ademais, o termalismo e a riqueza das súas praias para a práctica do surf foron outros dos recursos valorados na votación.

O Proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal foi votado en calidade de "enclave máxico, non masificado, perfecto para desconectar do día a día. Un lugar onde perderse para percorrer os seus montes e descubrir entre os seus bosques castelos que un día foron testemuñas de paisaxes épicas da súa historia. Unhas praias onde mergullarse, navegar ou surfear. Unha gastronomía onde o percebe ten un dos roles principais... en definitiva, un destino para non perderte, que non podes perder", din na valoración da proposta.

O programa producirá o vindeiro ano un programa sobre o Camiño Inglés e Fisterra-Muxía, os dous que teñen todas as súas etapas na Coruña. Gabinete de Prensa Deputación da Coruña

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X