Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña destina 12,5 millóns de euros para apoiar os autónomos e microempresas afectadas pola Covid

González Formoso destacou que "é o plan máis ambicioso presentado en Galicia para facer fronte ás consecuencias económicas orixinadas pola COVID-19"

A Deputación acolleu hoxe a presentación das novidades do programa PEL-Reactiva, no que colaboran 88 dos 90 concellos de menos de 50.000 habitantes, que serán os encargados de xestionar as solicitudes

A Deputación achega 10 millóns de euros e os concellos 2,5 para pór en marcha o plan, que contempla axudas de entre 1.500 e 3.000 euros

Con esta nova liña do PEL, o investimento en emprego da Deputación supera este ano os 23 millóns de euros

A Deputación da Coruña destina 12,5 millóns de euros para apoiar os autónomos e microempresas afectadas pola Covid

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira, e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, presentaron esta mañá as principais novidades do programa PEL-Reactiva, unha nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) que repartirá 12,5 millóns de euros entre os autónomos e microempresas da provincia para paliar a crise xerada pola Covid-19.

Finalizado o prazo de adhesión por parte dos concellos, sumáronse ao PEL-Reactiva 88 dos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes. Todos agás Dodro e Coirós, que non puideron unirse por cuestións alleas ao plan. Agora serán os concellos os que pasen a canalizar todas as solicitudes para os 12,5 millóns de euros do programa.

"Estamos ante o plan máis ambicioso presentado en Galicia para axudar aos autónomos a facer fronte ás consecuencias económicas orixinada pola COVID-19 ", afirmou Valentín González Formoso, que quixo agradecer a "importante colaboración dos concellos no plan, xa que a Deputación achega o 80% do financiamento e son as administracións locais as que completaran os seus propios fondos co 20% restante".

González Formoso defendeu a creación de emprego como "o eixo principal de todas as políticas do goberno provincial" e explicou que, debido á pandemia, houbo un importante traballo de reorganización orzamentaria, reducindo liñas doutros departamentos para dotar de fondos a un plan que pretende ser "un apoio masivo" e "necesario" para os autónomos e as pequenas empresas da provincia.

"Con esta nova liña do PEL, o investimento en emprego da Deputación superará os 23 millóns este ano", afirmou o presidente. Trátase do maior investimento da historia da Deputación en materia de creación de emprego, con distintas liñas de apoio a concellos, peme, emprendedores e profesionais autónomos.

Pola súa banda, o vicepresidente, Xosé Regueira, incidiu tamén "na capacidade de adaptarnos á realidade, renunciando a algunhas apostas políticas que tiñamos proxectado para este ano", pero "mantendo todas as liñas que supoñen creación de emprego e o nivel de investimentos nos concellos".

Regueira afirmou que as axudas "chegan no momento oportuno" porque "aínda que algúns pensaban que estaban tardando, prevese que o final deste ano e o inicio de 2021 van ser complicados, por desgraza".

O deputado de Emprego, José Ramón Rioboo incidiu en que o investimento da Deputación "pasou de 1 a 23 millóns de euros en só cinco anos" e considerou "un éxito" que 88 dos 90 concellos coruñeses de menos de 50.000 habitantes solicitaran participar no PEL-Reactiva.

Rioboo explicou que na seguinte fase serán os autónomos/as e microempresas os que deben solicitar as axudas, que se tramitarán a través dos concellos e que oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as empresas de entre 6 e 9 traballadores. As axudas serán compatibles con outras prestacións municipais, polo que augurou "unha avalancha de solicitudes".

Poderán acollerse ás axudas do PEL Reactiva os autónomos e microempresas que se viran afectadas polo peche durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE.

COMARCA DA CORUÑA

17 CONCELLOS

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL  (20%)

TOTAL                  (IMPORTE QUE SE HA XUSTIFICAR)

Abegondo

69.769,70 €

17.442,43 €

87.212,13 €

Aranga

21.183,56 €

5.295,89 €

26.479,45 €

Arteixo

443.688,66 €

110.922,16 €

554.610,82 €

Bergondo

158.585,17 €

39.646,29 €

198.231,46 €

Betanzos

244.096,78 €

61.024,20 €

305.120,98 €

Cambre

342.435,14 €

85.608,78 €

428.043,92 €

Carral

90.370,23 €

22.592,56 €

112.962,78 €

Culleredo

398.212,03 €

99.553,01 €

497.765,04 €

Curtis

78.126,52 €

19.531,63 €

97.658,15 €

Irixoa

13.409,78 €

3.352,44 €

16.762,22 €

Miño

85.511,61 €

21.377,90 €

106.889,52 €

Oleiros

468.176,08 €

117.044,02 €

585.220,10 €

Oza-Cesuras

55.776,89 €

13.944,22 €

69.721,12 €

Paderne

26.430,86 €

6.607,72 €

33.038,58 €

Sada

226.411,43 €

56.602,86 €

283.014,28 €

Sobrado

23.127,00 €

5.781,75 €

28.908,76 €

Vilasantar

14.187,15 €

3.546,79 €

17.733,94 €

TOTAL

2.759.498,59 €

689.874,65 €

3.449.373,25 €

COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

20 CONCELLOS

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Ares

57.720,34 €

14.430,08 €

72.150,42 €

Cabanas

46.642,70 €

11.660,67 €

58.303,37 €

Cariño

52.473,03 €

13.118,26 €

65.591,29 €

A Capela

12.049,36 €

3.012,34 €

15.061,70 €

Cedeira

110.193,37 €

27.548,34 €

137.741,72 €

Cerdido

14.187,15 €

3.546,79 €

17.733,94 €

Fene

135.846,86 €

33.961,71 €

169.808,57 €

Mañón

14.381,50 €

3.595,37 €

17.976,87 €

Moeche

18.074,05 €

4.518,51 €

22.592,56 €

Monfero

22.543,97 €

5.635,99 €

28.179,96 €

Mugardos

51.306,97 €

12.826,74 €

64.133,71 €

Narón

457.292,78 €

114.323,20 €

571.615,98 €

Neda

53.639,10 €

13.409,78 €

67.048,88 €

Ortigueira

93.091,05 €

23.272,76 €

116.363,81 €

Pontedeume

110.193,37 €

27.548,34 €

137.741,72 €

AS Pontes

148.479,25 €

37.119,81 €

185.599,07 €

San Sadurniño

29.346,03 €

7.336,51 €

36.682,54 €

As Somozas

13.798,46 €

3.449,62 €

17.248,08 €

Valdoviño

68.797,98 €

17.199,49 €

85.997,47 €

Vilarmaior

11.466,33 €

2.866,58 €

14.332,91 €

TOTAL

1.521.523,65 €

380.380,89 €

1.901.904,57 €

COMARCA DE SANTIAGO

24 CONCELLOS

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                      (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Ames

466.038,29 €

116.509,57 €

582.547,86 €

Arzúa

101.059,18 €

25.264,79 €

126.323,97 €

A Baña

30.317,75 €

7.579,44 €

37.897,19 €

Boimorto

22.932,66 €

5.733,16 €

28.665,82 €

Boqueixón

61.607,23 €

15.401,81 €

77.009,04 €

Brión

76.571,76 €

19.142,94 €

95.714,70 €

Frades

28.957,34 €

7.239,34 €

36.196,68 €

Melide

175.687,49 €

43.921,87 €

219.609,37 €

Mesía

29.346,03 €

7.336,51 €

36.682,54 €

Negreira

104.168,69 €

26.042,17 €

130.210,86 €

Ordes

224.079,29 €

56.019,82 €

280.099,12 €

Oroso

107.666,89 €

26.916,72 €

134.583,62 €

Padrón

183.266,93 €

45.816,73 €

229.083,67 €

O Pino

62.773,30 €

15.693,32 €

78.466,62 €

Rois

48.391,80 €

12.097,95 €

60.489,75 €

Santa Comba

169.662,81 €

42.415,70 €

212.078,52 €

Santiso

16.130,60 €

4.032,65 €

20.163,25 €

Teo

232.047,42 €

58.011,86 €

290.059,28 €

Toques

11.271,99 €

2.818,00 €

14.089,98 €

Tordoia

33.232,92 €

8.308,23 €

41.541,15 €

Touro

36.148,09 €

9.037,02 €

45.185,11 €

Trazo

31.289,48 €

7.822,37 €

39.111,85 €

Val do Dubra

54.027,79 €

13.506,95 €

67.534,74 €

Vedra

62.384,61 €

15.596,15 €

77.980,76 €

TOTAL

2.369.060,34 €

592.265,07 €

2.961.325,45 €

COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

16 CONCELLOS

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Cabana de Bergantiños

55.971,24 €

13.992,81 €

69.964,05 €

Camariñas

82.013,41 €

20.503,35 €

102.516,76 €

Carballo

550.578,18 €

137.644,54 €

688.222,72 €

Cee

149.256,63 €

37.314,16 €

186.570,79 €

Cerceda

68.603,63 €

17.150,91 €

85.754,54 €

Corcubión

23.515,69 €

5.878,92 €

29.394,62 €

Coristanco

78.515,21 €

19.628,80 €

98.144,01 €

Dumbría

30.123,41 €

7.530,85 €

37.654,26 €

Fisterra

56.359,93 €

14.089,98 €

70.449,91 €

A Laracha

148.090,56 €

37.022,64 €

185.113,21 €

Laxe

46.254,01 €

11.563,50 €

57.817,51 €

Malpica

93.091,05 €

23.272,76 €

116.363,81 €

Muxía

59.663,78 €

14.915,95 €

74.579,73 €

Ponteceso

86.872,02 €

21.718,01 €

108.590,03 €

Vimianzo

128.461,76 €

32.115,44 €

160.577,20 €

Zas

89.009,81 €

22.252,45 €

111.262,27 €

TOTAL

1.746.380,32 €

436.595,07 €

2.182.975,42 €

COMARCA DE BARBANZA

11 CONCELLOS

AXUDA DA DEPUTACIÓN   (80%)

ACHEGA MUNICIPAL (20%)

TOTAL                  (IMPORTE A XUSTIFICAR)

Boiro

267.223,79 €

66.805,95 €

334.029,73 €

Carnota

48.197,45 €

12.049,36 €

60.246,82 €

Lousame

24.876,11 €

6.219,03 €

31.095,13 €

Mazaricos

51.306,97 €

12.826,74 €

64.133,71 €

Muros

101.059,18 €

25.264,79 €

126.323,97 €

Noia

243.708,09 €

60.927,02 €

304.635,12 €

Outes

77.737,83 €

19.434,46 €

97.172,29 €

A Pobra do Caramiñal

126.129,63 €

31.532,41 €

157.662,03 €

Porto do Son

112.719,85 €

28.179,96 €

140.899,82 €

Rianxo

129.433,49 €

32.358,37 €

161.791,86 €

Ribeira

370.615,10 €

92.653,78 €

463.268,88 €

TOTAL

1.553.007,49 €

388.251,87 €

1.941.259,36 €

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X