Estás en:Emprego Emprendemento

Emprendemento

PROVINCIA EMPRENDEDORA: Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial na Provincia

O Programa de Fomento do Emprendemento e da Actividade Empresarial ten como obxectivo apoiar e promover o emprendemento e a actividade empresarial na provincia, como fórmula para a creación de emprego estable e de calidade, a xeración de riqueza e o desenvolvemento socioeconómico da provincia.

A quen vai dirixido?

Este programa está pensado para:

  • Persoas que desexen emprender e precisen axuda para validar ou desenvolver unha idea de negocio.
  • Persoas emprendedoras cun proxecto en fase inicial que necesiten apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
  • Empresarios/as en activo que busquen consolidar e mellorar a súa actividade profesional.

Qué servizos prestan?

O programa proporciona un servizo integral, acompañando ás persoas usuarias en todas as fases do proceso de emprendemento e consolidación empresarial.

Todos estes servizos son gratuítos para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a través de convenios de colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e coa Confederación de Empresarios da Coruña.

Cal é o ámbito territorial do servizo?

Toda a provincia

Como acceder aos servizos?

Se estás interesado/a en participar no programa ou recibir asesoramento e queres ou estás a desenvolver o teu proxecto empresarial desde as comarcas da Barcala, Arzúa, Barbanza, Muros, Noia, O Sar, Santiago, Terra de Melide ou Xallas, podes contactar a través da seguinte páxina web:

https://www.camaracompostela.com/es/pag/provincia-emprendedora/ 

Se estás interesado/a en participar no programa ou recibir asesoramento e queres ou estás a desenvolver o teu proxecto empresarial desde as comarcas da Coruña, Bergantiños, Betanzos, Eume, Ferrol, Fisterra, Ordes, Ortegal ou Terra de Soneira, podes contactar a través da seguinte páxina web: https://www.cec.es/impulsa-coruna/

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X