Para a anualidade 2018 establécense 4 liñas de actuación:
LIÑA 1 PEL–CONCELLOS: Apoio aos concellos da provincia na creación de empregos para a prestación de servizos municipais.
Dotación: 3.541.000 €
Finalidade: subvencionar os custos de contratación de traballadores e traballadoras que sexan demandantes de emprego nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais, acordes ás competencias definidas no artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local.
LIÑA 2 PEL-EMPRENDE: Apoio á creación de empresas no ámbito local.
Dotación: 2.485.000 €
Finalidade: dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a xóvenes emprendedores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da actividade da empresa. Deste xeito, contribuir á posta en marcha de empresas socialmente responsables que convertan á provincia nun territorio máis sostible ecompetitivo que base o seu crecemento na innovación empresarial.
LIÑA 3 PEL-PEMES: Apoio ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego.
Dotación: 3.000.000€
Finalidade: seguir avanzando no apoio ao tecido empresarial e contribuír á inserción laboral das persoas desempregadas, favorecendo o emprego estable e de calidade a nivel local das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral nun contexto de proximidade.
LIÑA 4 PEL-FINANCIAMENTO EUROPEO: Captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos na provincia, en especial daqueles que resulten de interese para a xeración de emprego e o crecemento sostible.
Dotación: 900.000€
Finalidade: deseño e presentación de candidaturas ás convocatorias dos distintos programas de financiación da Unión Europea que máis se adecúen ás necesidades de desenvolvemento da provincia e máis concretamente, aos obxectivos do PEL.