Información e recursos sobre o proceso de regularización extraordinaria
A Deputación da Coruña, a través da Sección de Igualdade e Dereitos Civís, pon ao dispor do persoal dos servizos municipais e das entidades sociais non acreditadas no Rexistro Electrónico de Colaboradores de Estranxeiría un conxunto de recursos e sesións informativas sobre o proceso de regularización extraordinaria.
O obxectivo é facilitar as ferramentas xurídicas necesarias para facer fronte ao novo proceso de regularización administrativa extraordinaria de persoas estranxeiras.
Recursos informativos dispoñibles
Para garantir o acceso a información eficaz e actualizada, este conxunto de recursos inclúe:
- Guía Xurídica Dixital: Manual práctico sobre o decreto e os procedementos, incluíndo modelos de documentación e instrucións do Ministerio de Inclusión.
- Listado de Recursos: Listaxe actualizada de entidades colaboradoras acreditadas no rexistro electrónico de estranxeiría na provincia da Coruña.
- Alertas Informativas: Sistema de actualización permanente ante calquera cambio normativo ou novidade administrativa durante o período de vixencia do proceso.
Sesións informativas en liña
Organizamos dúas sesións informativas en liña impartidas por unha persoa xurista especialista en Dereito de Estranxeiría. As sesións contarán cunha parte expositiva e un espazo para a resolución de dúbidas prácticas.
Datas e horarios dispoñibles:
- Sesión 1: Venres, 8 de maio (12:30h - 14:30h)
- Sesión 2: Luns, 11 de maio (10:00h - 12:00h)
Inscricións
Para participar nas sesións informativas, é necesario completar o formulario de inscrición premendo no seguinte botón: Inscribirme nas xornadas
Documentación de interese
