Proxecto EIXO

O Plan de Emprego Local (PEL 2016-2019) posto en marcha pola Deputación da Coruña, dando un paso adiante no fomento do emprego a nivel provincial e aglutinando diferentes estratexias dirixidas a favorecer o desenvolvemento económico, contempla a captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos no territorio, en especial aqueles que resulten de interese para a xeración de emprego e o crecemento sostible.

Neste senso, o Proxecto EIXO enmárcase estratexicamente neste Plan, có obxecto de dotalo dos recursos necesarios para a execución de accións de inserción para a poboación xove da provincia, estratexia  indispensable para a consecución do principal obxectivo do PEL.

 A)     Fundamentos da actuación:

Fixar poboación nos concellos rurais ofertando formación á mocidade para ocupacións cualificadas e empregos de calidade na súa contorna territorial de referencia.

 B)     Fontes de financiamento:

 O proxecto finánciase con fondos propios da Deputación da Coruña e coa subvención AP-POEJ, do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A subvención AP-POEJ finánciase a través dos recursos da Iniciativa de Emprego Xuvenil, un dos instrumentos financeiros mais importantes para o desenvolvemento da Garantía Xuvenil en España, no marco da intervención do Fondo Social Europeo 2014-2020.

O máximo de cofinanciamento destas axudas AP-POEJ é do 91,89%. Aqueles gastos considerados non elixibles no marco destas serán financiados ó 100% pola Deputación Provincial da Coruña.

 

Obxectivos

 

  • Mellorar a formación e a empregabilidade de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos empadroadas nos municipios obxecto de actuación, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Mellorar o nivel de competitividade laboral dos/as mozos e mozas das zonas rurais a través da formación para a inserción laboral.
  • Adecuar o perfil da mocidade desempregada ás necesidades actuais do mercado laboral provincial.
  • Dar resposta ás necesidades locais xeradoras de emprego detectadas a través da participación da rede de técnicos de emprego e desenvolvemento local e orientación laboral dos concellos que conforman o ámbito de actuación do proxecto.

 

Accións de formación

 

- Cómo se desenvolverá o proxecto:

Dende este proxecto, e co deseño das súas actuacións pretendese facilitar o conxunto de competencias persoais e profesionais con significación para que a mocidade desempregada ocupe postos de traballo cualificados na súa contorna de vida.

O proxecto organizase en cinco itinerarios diferenciados, con formación transversal e complementaria común entre eles e outra relacionada co sector de actividade, e incluíndo prácticas en empresas.

Cada acción formativa que se realizará de forma presencial, e desenvolverá todos os módulos formativos incluídos no certificado de profesionalidade de referencia, xunto a formación transversal e complementaria formulada como obrigatoria, diríxese a un total de 15 participantes por cada edición, e cada unha delas desenvolverase nunha zona concreta do territorio provincial.

 

ITINERARIO 1: COMERCIO E MARKETING. LOXÍSTICA 

 ITINERARIO 1.jpg

 

 

ITINERARIO 2: ACTIVIDADE FÍSICO DEPORTIVA

 

ITINERARIO 2.jpg

 

ITINERARIO 3: SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE

 

ITINERARIO 3.jpg

 

ITINERARIO 4: INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

 

ITINERARIO 4.jpg

 

 

ITINERARIO 5: PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN LABORAL ESPECÍFICA

Este quinto itinerario trata de dar a oportunidade de acadar experiencia laboral ós mozos e mozas que non a tiveron ata o de agora, a través da realización de 760 horas de prácticas profesionais en empresas.

 ITINERARIO 5.jpg

 

Beneficiarios

 

  • A poboación xove de entre 16 e 30 anos empadroada en concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade e inmigrantes, non ocupadas ou non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que, sendo desempregadas, estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove. 
  • O territorio do proxecto está formado por 90 concellos que supoñen o 63,64% da poboación provincial e ocupan o 95,69% da superficie da provincia, contan cun marcado carácter rural e a mocidade desempregada de menos de 25 anos supón o 3,48% da poboación desempregada, tendo en conta ademais que o distanciamento xeográfico e os problemas de accesibilidade ós polos de desenvolvemento provocan a fuga da poboación moza máis formada e máis dinámica ós núcleos grandes e urbanos ao carecer de oportunidades de formación e adquisición de experiencia profesional na súa contorna próxima.

 

Formación acreditada

 

A formación específica a impartir nos itinerarios de inserción laboral do proxecto EIXO, e a través dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación da Coruña levan consigo a acreditación a través da expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade, que en todo caso, serán emitidos polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de cumprir as instalacións e as persoas participantes os requisitos previstos para tal fin: finalizar con avaliación positiva os módulos formativos asociados a cada un destes certificados de profesionalidade.

 

Xestión do proxecto

 

O sistema de captación das persoas beneficiarias realizarase en base ó traballo en rede establecido cos equipos de profesionais municipais, tanto a través de accións propias da Deputación coma dos municipios, para a difusión do proxecto a través de servizos públicos de emprego, bolsas de emprego propias ou de outras entidades colaboradoras.

Do mesmo xeito, promoverase a utilización da rede de servizos sociais municipais, centros de información a muller e centros de xuventude para a identificación de posibles persoas beneficiarias.

O paso seguinte será a selección de persoas beneficiarias baseada na realización de entrevistas pola rede técnica municipal, seguindo os criterios predefinidos de selección.

As fases a seguir por tanto no proceso de selección e os criterios do mesmo, parten de:

  1. Inscrición e presentación de solicitudes: tódalas persoas interesadas en participar han de achegar a documentación esixida nos prazos que se establezan no concello no que están empadroadas.
  2. Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico dos concellos adheridos o proxecto, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se a documentación presentada está completa e é correcta. Entre tódalas solicitudes admitidas, realizarase unha valoración conforme a documentación aportada e a puntuación límite.
  3. Entrevista Persoal: realizarase unha entrevista a cada unha das persoas admitidas no proceso de selección e na que se valorarán ata a puntuación límite, aspectos tales coma a motivación da persoa, a adecuación da acción formativa solicitada a súa traxectoria formativa e profesional e a existencia dun proxecto de diversificación profesional e coherente no seu caso.

 

Área de actuación

 

O ámbito territorial para a execución das accións formativas é o ámbito territorial do proxecto, no cal circunscríbese tódolos concellos da provincia da Coruña, agás aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes (A Coruña, Ferrol e Santiago).

Debido a este número de concellos participantes, para unha mellor xestión e execución do proxecto, dividirase a provincia en zonas de actuación atendendo a criterios de proximidade xeográfica, comunicacións e outros aspectos de consideración que contribúan a diminuír os obstáculos derivados da dispersión xeográfica que caracteriza á provincia.

Para a selección das zonas concretas de traballo teranse en conta, entre outros criterios de carácter técnico, xunto cá proposta e valoración da rede de técnicos e técnicas municipais, as saídas profesionais locais e as ocupacións mais demandadas, a programación de formación profesional e ocupacional existente, os condicionamentos de tipo xeográfico, de transporte público e as variables demográficas.

Deste xeito, cada concello pertence a unha zona, sendo a distribución territorial prevista para a formación a seguinte:

ACCIÓN FORMATIVA

LOCALIZACION PROPOSTA ZONA 1

LOCALIZACION PROPOSTA ZONA 2

LOCALIZACION PROPOSTA ZONA 3

ACTIVIDADES AUXILIARES ALMACÉN + CARNET C E CAP MERCANCÍAS

Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada, A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso

A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes

 

ACTIVIDADES AUXILIARES ALMACÉN + CARNET C E CAP MERCANCÍAS

 

Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas e Vimianzo

Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, As Pontes, Cabanas, Pontedeume

COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIONS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS

Sede con facilidades de  acceso por transporte público ou privado

de persoas beneficiarias das 3 zonas

LIMPEZA EN ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIONS INDUSTRIAIS

Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado ,Vilasantar

A Baña, Ames, Brión, O Pino, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra

Vilarmaior, Aranga, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos e Paderne

LIMPIEZA EN ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIONS INDUSTRIAIS

Santa Comba, Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do Dubra.

Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes

Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira, As Somozas, San Sadurniño, A Capela, Monfero

 

O tamaño medio dos núcleos sede facilitará a xestión e a articulación co resto do territorio das actuacións a desenvolver.

 

Participación das empresas no Proxecto

 

O tecido empresarial provincial ten a posibilidade de colaborar nun proxecto de formación e de apoio á inserción laboral en base a un triplo proceso de intercambio, no que a Deputación da Coruña oferta oportunidades de formación á mocidade que por diversas circunstancias non as tiveron ata o de agora; a mocidade fórmase ao tempo que dan os seus primeiros pasos no mercado laboral, e adquiren unha experiencia profesional que lles pode abrir as portas a un posto de traballo.

Por outra banda, as empresas dispoñen de mozos e mozas cunha formación específica no seu sector de actividade que lles facilita o desenvolvemento de prácticas formativas axeitadas ó nivel da contorna laboral na que adquiren a cultura e a competencia empresarial e facilítalles a posibilidade da contratación laboral por parte da empresa.

 

Duración do Proxecto

 

De xaneiro a decembro de 2018.
Período de execución das actuacións en territorio: de abril a decembro de 2018.

 

 

  Plan de Emprego Local
Proxecto EIXO

 Teléfono: 981 080 507

   email: pel@dacoruna.gal

 

 

Deputación.jpg PEL.jpg FSE.jpg logo eixo letras.jpg