Estás en:Emprego Liñas Liña 4 Financiamento Europeo Proxecto AMAdeira

Proxecto AMAdeira

 FORMACIÓN PARA UN EMPREGO SOSTIBLE

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019, co apoio do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, pon en marcha o proxecto AMAdeira para a sostenibilidade e posta en valor do castiñeiro.

Este proxecto enmárcase na problemática do paro laboral nas zonas máis despoboadas da provincia. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que máis sofre a deserción dalgúns núcleos de poboación. A zona da Comarca de Ortegal é unha das protagonistas deste movemento despoboacional, ten ata 236 aldeas sen ningún habitante. Por este motivo o Concello de Cerdido e a Comarca de Ortegal foron elixidos para desenvolver este proxecto, posto que é na que máis se nota a diminución de poboación.

AMAdeira é un proxecto para o rural que busca fortalecer o sector forestal e contribuir á creación de emprego sustentable a través do aproveitamento dun recurso autótono moi recoñecido en Galicia, como é o castiñeiro.

Actualmente o castiñeiro está en situación de vulnerabilidade por mor da sobreexplotación de plantacións de quenda curta coma o piñeiro e eucalipto, que sendo máis perxudiciais para os nosos montes porque implican unha maior degradación do chan e perda de biodiversidade, ocupan a maior parte da superficie forestal galega.

O proxecto quere aproveitar o grande potencial do castiñeiro como factor de desenvolvemento sostible no rural a través da creación de emprego no sector forestal vinculado á produción e xestión sostible do castiñeiro e ao desenvolvemento económico derivado da comercialización local dos seus produtos: a castaña, a súa madeira, o mel que se xera pola súa polinización e os diferentes cogomelos que brotan do seu tronco.

A posta en valor do castiñeiro e dos produtos que del se obteñen, supoñen unha grande oportunidade para a xeración de emprego e riqueza na provincia, en especial nas zonas máis rurais e despoboadas e para conservar á súa vez o noso patrimonio natural e biodiversidade, favorecendo o desenvolvemento dunha economía verde, na que primen novos modelos de produción e consumo sostible e xerando beneficios sociais e ambientais na provincia e contribuíndo á creación de novos postos de traballo.

Cun orzamento total de 129.671,03€, do cal o 80% será cofinanciado polo Fondo Social Europeo, realizaranse cursos presenciais de formación con todo tipo de contido en relación á cadea de valor do castaño. Destinados a formar a persoas desempregadas para que adquiran as competencias necesarias para traballar neste sector.

 

Nuevo Ministerio.png Fundación Biodiversidad.jpgEmpleaverde.jpg  FSE2.jpg  Deputación2.jpg 

Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X