PEL-CONCELLO DIXITAL
Presentación
Axudas á contratación de técnicos expertos en Administración electrónica
Pretende dar resposta a unha demanda xeralizada por parte dos concellos, así coma contribuír a impulsar a transformación da administración electrónica a nivel local e facer sostible o constante proceso de innovación e mellora na calidade dos servizos públicos dos concellos, así coma unha maior transparencia, comodidade e accesibilidade a todas as persoas e entidades na súa relación coa administración.
A finalidade destas axudas é subvencionar os custos de contratación de traballadores e traballadoras que sexan demandantes de emprego nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais, acordes ás competencias definidas no artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local.