Presentación PEL
QUE É O PEL?
É un plan de futuro, de novas oportunidades para as persoas, os concellos e as empresas "O PEL é unha aposta polo crecemento sostible, unha contribución á fixación de poboación, á dinamización económica e á mellora das condicións de vida da poboación, a través da CREACIÓN DE EMPREGO dende os gobernos locais, o APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL e os INCENTIVOS ÁS NOVAS EMPRESAS"
A QUEN VAI DIRIXIDO?
- PERSOAS porque son as que máis precisan de recursos para o acceso ao emprego
- CONCELLOS porque son a administración máis próxima e xogan un papel fundamental na creación de emprego e na estimulación das economías locais
- EMPRESAS porque son as principais protagonistas na creación de emprego
POR QUÉ?
- Porque o emprego é a prioridade transversal na xestión local
- Porque o desenvolvemento vén da man do emprego
- Porque o emprego é a base para impulsar a prosperidade, a inclusión e cohesión social de maneira sostiblee crecente
- Porque só unha estratexia conxunta basada na creación e fomento do emprego pode fortalecernos como persoas, como sociedade e como territorio
COMO SE ARTELLA?
Na anualidade 2025 a través dun paquete de medidas cunha dotación de 12.2 millóns de euros que se resumen en 4 liñas de actuación:
- LIÑA 1 PEL-CONCELLOS: apoio aos concellos da provincia na creación de empregos para a prestación de servizos municipais.
- LIÑA 2 PEL-EMPRENDE: apoio á creación de empresas no ámbito local.
- LIÑA 3 PEL-PEMES: apoio ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego.
- LIÑA 4 PEL-FINANCIAMENTO EUROPEO: captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos na provincia.