Liña 3 PEL PEMES
Apoio ao tecido empresarial na contratación laboral de persoas no ámbito rural
Programa de axudas para o apoio ao tecido empresarial e a inserción laboral das persoas desempregadas, favorecendo o emprego estable e de calidade no rural das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral nun contexto de proximidade.
_____________________________________________________________________________________________________________________
Axudas para a realización de novas contratacións en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
A liña PEL Pemes Creación e Ampliación leva repartidos 29.829.379,28 € dende que se creou no ano 2017.
No ano 2025 esta liña destinou 3.495.572,20 € en axudas para a realización de novas contratacións, sufragando os custos de 311 traballadores/as en concellos de menos de 20.000 habitantes.
_____________________________________________________________________________________________________________________
Axudas ao mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro das axudas de PEL-PEMES Creación e Ampliación da anualidade anterior.
A liña PEL Pemes Mantemento leva repartidos 8.807.733,59 € dende a súa creación no ano 2018 axudando o mantemento do emprego.