PEL-PEMES Mantemento

Finalidade

Axudas ao mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas

A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025).

O período máximo subvencionable será de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2026), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social correspondente aos meses do mantemento da contratación incluídos dentro da anualidade 2026. A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación.

Prazo

Prazo de presentación de solicitudes do 15 de novembro de 2025 ás 9.00h ao 16 de decembro de 2025 ás 14.00h.

Solicitantes

Poderán solicitar estas axudas pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2026, e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, manteñan os mesmos requisitos establecidos na convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X