Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña asumirá en dúas fases as obras de mellora do trazado da estrada DP 4604, que une Toques e Melide

A Deputación da Coruña asumirá en dúas fases as obras de mellora do trazado e construción dunha travesía na estrada provincial DP 4604, que une os concellos de Toques e Melide.
Así o anunciou esta mañá o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que considerou que se trata dunha estrada importante a nivel comarcal e "vital para Toques" e expresou o seu compromiso de acometer a totalidade do proxecto redactado polo Concello para mellorar o trazado e eliminar as curvas existentes entre os puntos quilométricos 4,060 e 4,650, onde se produce unha elevada concentración de accidentes, e mellorar a travesía do Souto, entre os PK 6,680 e 7,500, situados no núcleo de Toques, coa execución de novas beirarrúas e pavimentación da calzada.
Debido ao elevado custo do proxecto, orzado en 647.767,63 euros, a Deputación estudará a súa execución en dúas fases, repartindo o investimento en dous exercicios presupostarios, segundo explicou o presidente provincial, que lembrou que o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, xa visitou o lugar cos técnicos provinciais e supervisou as propostas para mellorar a seguridade viaria na zona.

Valentín González continuou esta mañá en Toques e Melide a súa rolda de visitas institucionais aos concellos da provincia, onde destacou o "compromiso" da institución provincial cos pequenos municipios do ámbito rural da provincia, onde "concentramos o noso esforzo investidor", xa que son os que contan con menores recursos para atender as necesidades dos seus veciños.

Acompañado polo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, e por técnicos do departamento de Vías e Obras, o presidente provincial visitou en primeiro lugar o Concello de Toques, onde foi recibido polo alcalde, José Ángel Penas, e polos membros da Corporación municipal.

No salón de plenos da localidade, o rexedor agradeceu a visita do presidente a un concello "pequeno e con poucos recursos, un dos de menor renda per cápita de Galicia, pero con moitas ganas de facer cousas".

Pola súa banda, González Formoso apuntou que os 777.808 euros que a Deputación investiu no último ano no municipio a través dos diferentes plans provinciais supoñen "unha porcentaxe importante do orzamento municipal" e axudan a mellorar numerosas infraestruturas do municipio. Así, parte dos 171.000 euros que Toques recibiu do POS dedicáronse á mellora de camiños municipais como os de Ponte da Pedra, O Piñeiro, San Cibre e A Capela, mentres que a reforma do polideportivo municipal, o acceso ás vivendas sociais, a Coutos ou Mouruxosa financiáronse con cargo aos 233.178 euros que Toques recibiu do Plan de Acción social.

Creación de emprego local

Formoso lembrou que Toques "case triplica" fondos que recibía para a creación de emprego, pasando de 7.650 euros o ano pasado a 19.000 € este ano, o que lle permitiu contratar a tres persoas para efectuar tarefas de mantemento de edificios e espazos públicos, ás que tivo a oportunidade de saudar á súa chegada ao Concello.

Tamén fixo referencia ao novo Plan de Medioambiente (PMA), que deixará 90.240 euros no municipio, e que permitirá, ademais de mellorar as redes de abastecemento de auga e saneamento en Outeiro e outras parroquias do municipio, contratar a dous peóns máis para a creación dunha brigada medioambiental "en liña co que é unha das nosas prioridades fundamentais na Deputación: a creación de emprego".

Tras a recepción no Concello, González Formoso e José Ángel Penas visitaron a igrexa prerrománica de San Antolín, en Santa María da Capela, e os restos do antigo mosteiro beneditino, onde o presidente provincial gabou o patrimonio natural e histórico da localidade, e diversos puntos da estrada provincial DP 4604, que une Toques e Melide, onde a Deputación prevé realizar as obras de mellora.

1,5 millóns de investimento provincial en Melide

Valentín González desprazouse despois ata o Concello de Melide, onde foi recibido ás portas do Concello pola alcaldesa, Dalia García Couso e polos membros da Corporación local.

Dalia García recoñeceu que a Deputación "é un piar fundamental para concellos como o de Melide" e agradeceu a visita do presidente para coñecer as necesidades da localidade.

O presidente, pola súa banda, destacou que os investimentos dos distintos plans provinciais na localidade supuxeron unha inxección económica de 1.510.222 euros, incrementando notablemente algunhas asignacións, como a do Plan de Emprego (PEL), que multiplica por catro o seu orzamento, pasando dos 11.400 aos 46.000 euros anuais, o que permite ao Concello de Melide "contratar máis persoal durante máis tempo para mellorar os servizos que presta aos veciños".

A Deputación financiou tamén no municipio a reforma da praza de abastos, a pavimentación dos accesos aos núcleos de  Furelos, Catasol, Penas, Vitiriz, Maceda ou Moldes, entre outros, así como a creación de dúas pistas de pádel, o cambio da cuberta lateral do polideportivo, ou das xanelas do edificio multiusos da localidade, a través de programas como o POS, o PAS ou o PAI "que contribúen a mellorar as infraestruturas municipais e a calidade de vida dos veciños". No caso do PAI, o programa permitiu tamén reducir a débeda municipal en máis de 200.000 euros nos dous últimos exercicios.

González Formoso apuntou tamén que o PMA destinará este ano 61.746 euros para o financiamento de accións de mellora medioambiental no municipio, entre elas a renovación das redes pluviais e de saneamento da rúa Rosaleda.
Tras a recepción no salón de plenos, o presidente provincial e a alcaldesa mantiveron unha reunión de traballo na que a rexedora trasladou algunhas das demandas e necesidades do municipio, entre elas melloras en estradas provinciais e a creación dunha nova senda para aumentar a seguridade peonil na estrada a Toques, unha demanda que a Deputación estudará a través dos seus servizos técnicos.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X