Estás en:Emprego Novas

A Deputación subvenciona con 65.051 euros seis proxectos de modernización de confrarías de pescadores

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión das subvencións de Promoción Económica e Emprego destinadas a financiar investimentos das confrarías de pescadores durante o ano 2016.

En concreto, a institución provincial coruñesa cofinanciará seis proxectos nas confrarías do Barqueiro-Bares, Cedeira, Espasante (Ortigueira), Corme, A Pobra do Caramiñal e San Pedro-Ribeira cun orzamento global de 65.051,64 euros, segundo explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, que destacou que os investimentos contribuirán a "mellorar e modernizar" as instalacións destas seis confrarías, facéndoas máis competitivas.

A confraría do Barqueiro percibirá unha axuda de 3.096,83 euros para financiar a adquisición de semente de ameixa e redes de protección para os cultivos, Cedeira destinará unha subvención de 25.486 euros ao equipamento e mantemento dos sistemas de frío industrial da lonxa e Espasante recibirá 6.993,83 € para melloras do rendemento nas cámaras frigoríficas de do punto de descarga.

Tamén se benefician desta convocatoria a confraría de pescadores da Pobra, que recibirá 5.748 € para a posta en marcha dunha pequena instalación de depuración de moluscos bivalvos en circuíto pechado; Ribeira, que destinará 11.982,94 € a habilitar unha nova aula destinada a formación no 3º andar da sede da confraría e Corme, que recibirá 11.737,44 euros para financiar as obras de reparación do carro-varadoiro e á adquisición de material de oficina.

Nas vindeiras semanas publicaranse tamén no BOP as axudas que a Deputación da Coruña concede cada ano para financiar as actividades das confrarías de pescadores coruñesas.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X