Estás en:Emprego Novas

A Deputación apoia con 50.000 € a celebración de Spin2016, a gran cita do emprendemento universitario no mundo hispano

A Deputación da Coruña apoiará con 50.000 euros a celebración do foro Spin2016, o maior evento sobre o emprendemento universitario do mundo hispano que, a partir de mañá, terá lugar en Santiago de Compostela. A achega económica foi aprobada por unanimidade na Comisión de Promoción Económica e será ratificada definitivamente no pleno do venres 30 de setembro.
Con este apoio económico, que converterá a Compostela nun punto de encontro entre emprendedores e investigadores universitarios e empresas de España e Iberoamérica, a Deputación quere "axudar a fomentar a cultura emprendedora entre os nosos universitarios, a favorecer a transferencia de coñecemento entre a universidade e o tecido empresarial e a aproveitar o talento dos nosos universitarios, facendo realidade novas ideas de negocio", segundo afirmou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso.

A Deputación apoia con 50.000 € a celebración de Spin2016, a gran cita do  emprendemento universitario no mundo hispano

A Deputación da Coruña apoiará con 50.000 euros a celebración do foro Spin2016, o maior evento sobre o emprendemento universitario do mundo hispano que, a partir de mañá, terá lugar en Santiago de Compostela. A achega económica foi aprobada por unanimidade na comisión de Promoción Económica e será ratificada definitivamente no pleno do venres 30 de setembro.
Con este apoio económico, que converterá a Compostela nun punto de encontro entre emprendedores e investigadores universitarios e empresas de España e Iberoamérica, a Deputación quere "axudar a fomentar a cultura emprendedora entre os nosos universitarios, a favorecer a transferencia de coñecemento entre a universidade e o tecido empresarial e a aproveitar o talento dos nosos universitarios, facendo realidade novas ideas de negocio", segundo afirmou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso.
Uns obxectivos que enlazan cos xa marcados pola Deputación no Plan de emprego local (PEL), que inclúe entre as súas liñas estratéxicas o impulso ao emprendemento sostible e innovador na provincia, co apoio á posta en marcha de novos proxectos empresariais, o fomento de viveiros e incubadoras de empresas, a posta en marcha de espazos de coworking e a creación dun premio para novos proxectos emprendedores nacidos na provincia da Coruña.
O presidente da Deputación participará tamén o sábado no acto de entrega dun premio dotado con 10.000 euros que patrocina da Deputación dentro categoría Model2Market, destinada a dar un último impulso á posta en marcha de novos proxectos empresariais.
Punto de encontro entre universitarios e empresas
SPIN é un evento totalmente deseñado para os futuros emprendedores, e por iso trata de ensinarlles aos universitarios as bases da innovación en materia de negocios e empresas. Así mesmo, SPIN é un punto de encontro para crear unha rede de retroalimentación entre a investigación universitaria e as últimas tendencias e tecnoloxías que demandan as empresas, favorecendo así a inserción laboral dos estudantes.
Os mozos das universidades coruñesas, galegas e iberoamericanas en xeral, terán a oportunidade de contactar con emprendedores, investigadores, académicos e investidores, e aprender deles as chaves do éxito profesional.
O evento goza xa de gran prestixio internacional, ao terse celebrado en edicións pasadas en Cidade en México e en Madrid, coa participación de representantes de 50 universidades.
Nesta edición, participan as tres universidades galegas, ademais de empresas de relevancia internacional coma Google, PayPal, Gas Natural Fenosa, Estrella Galicia ou Iberia. Doutra banda, SPIN contará coa presenza de expertos do mundo da ciencia, a cultura, o deporte, a universidade ou os negocios, coma o destacado chef Joan Roca, os deportistas de elite Gisela Pulido e Cristian Toro ou o compositor Gustavo Santaolalla, gañador de dous Óscar.
En liña co tecido empresarial coruñés
A organización de SPIN prevé que, durante os tres días do evento, transcorrerán pola Cidade da Cultura máis de 3.000 asistentes de 20 países, e máis de 70 emprendedores de prestixio internacional. Unha avalancha de visitantes que beneficiará a economía local, ademais de dar a coñecer as empresas galegas.
Nesta liña, os obradoiros ofertados tratarán sobre industrias ben asentadas na zona coma a conserveira, ou a cervexeira, e tamén sobre innovacións tecnolóxicas e en materia de empresa.
Así mesmo, SPIN contribúe á promoción turística e cultural da provincia, con actividades coma SpinWay, na que 10 equipos internacionais de estudantes universitarios de América Latina, España e Portugal percorreron durante catro días os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X