Estás en:Emprego Novas

Ana Lamas destacou na gala do premio Carro de Prata o compromiso social da Deputación da Coruña

En 2021, a Deputación fixo a maior aposta social da historia, aumentando nun 137% a partida destinada a esta área con respecto ao exercicio anterior,

Ana Lamas destacou na gala do premio Carro de Prata o compromiso social da Deputación da Coruña

A deputada provincial, Ana Lamas, acudiu hoxe á entrega de galardóns da Asociación Sociocultural ASCM na Sede Afundación de Ferrol. Alí destacou o compromiso da Deputación neste ámbito, que leva anos impulsando a súa axenda social, cun aumento exponencial no último ano co obxectivo de non deixar a ninguén atrás no camiño á recuperación.

En 2021 a Deputación fixo a maior aposta social da historia, aumentando nun 137% a partida destinada a esta área con respecto ao exercicio anterior, pasando dos doce millóns de euros aos vinte e sete e medio actuais. Dese orzamento, 800.000 euros foron para o mantemento de programas sociais, mentres 200.000 destináronse á mellora de equipamento

Tamén destacou a importancia que teñen os premios entregados pola Asociación Cultural ASCM, que poñen en valor e recoñecen o labor que entidades e persoas realizan no ámbito social.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X