Estás en:Emprego Novas

O Plan de Medio Ambiente da Deputación xera 90 empregos coa creación de brigadas medioambientais en 20 concellos

O Plan de Medio Ambiente (PMA) da Deputación da Coruña contribúe a xerar 90 empregos en toda a provincia, a través da creación de brigadas medioambientais en 20 concellos, que contan cunha dotación total de 405.819,11 euros dos fondos provinciais.

Estas brigadas realizarán traballos de limpeza, vixilancia, coidado, protección, mantemento e recuperación do medio natural en espazos municipais como zonas axardinadas, áreas de lecer, sendeiros fluviais e contornas naturais. En concreto, algunhas das accións que executarán as brigadas serán a repoboación de espazos forestais, mantemento de xardíns, coidado de árbores, acondicionamento de terreos e roza de plantas e herbas nas diversas áreas de titularidade municipal, entre outras tarefas complementarias segundo as necesidades concretas de cada concello.

Ademais da protección e a sensibilización sobre o medio natural, o PMA contempla o obxectivo de xerar emprego, un dos eixos estratéxicos de todos os plans e programas do goberno provincial presidido por Valentín González Formoso.

Comarca da Coruña
Na comarca da Coruña, o PMA financia a creación de 5 brigadas cun total de 76.900,57 euros. En total, contrataranse 24 persoas para tarefas medioambientais en Bergondo, Irixoa, Paderne, Sobrado e Vilarmaior.

En Sobrado, 13 peóns desenvolverán as súas funcións nas áreas recreativas de Pontepedra e Gixalba, no Campo Francés, nos xardíns e parques públicos da parroquia de Porta, na contorna do camiño da muralla do Mosteiro de Santa María, nos arredores da Lagoa de Sobrado e na ruta da Carballeira. A brigada sobradesa está financiada con 30.000 euros do PMA e estará activa durante tres meses.

No caso de Paderne, serán tres os peóns contratados grazas a 12.000 euros dos fondos provinciais de medio ambiente. Realizarán traballos nas parcelas de titularidade municipal situadas na contorna do Río Mandeo, en rutas de sendeirismo e en áreas de recreo e ocio.

Tamén en Vilarmaior e Irixoa as brigadas estarán constituídas por tres peóns, financiadas con 15.806 e 8.525,74 euros respectivamente. Doutra banda, o Concello de Bergondo contratará un técnico de medioambiente e un tractorista, grazas á axuda 10.568,82 euros do PMA.

Comarca de Santiago

Na zona de Santiago foron sete os concellos que solicitaron axudas para a creación de cuadrillas medioambientais. Trátase da Baña, Ames, Arzúa, Toques, Tordoia, Trazo e Val do Dubra, ás que o PMA destina un total de 140.202,62 euros cos que se contratarán 25 persoas.

O Concello da Baña constituirá unha das maiores brigadas da zona, con 27.806 euros do PMA e cinco peóns forestais que desenvolverán accións de limpeza e mantemento das marxes dos ríos, zonas degradadas, roteiros de sendeirismo e núcleos rurais, durante cinco meses.

Accións similares realizará a brigada do Val do Dubra, con catro peóns e unha axuda do PMA que ascende a 28.871,74 euros, o maior importe outorgado na comarca de Santiago.

No caso de Ames, a brigada estará composta por un capataz e dous peóns, que se centrarán na prevención de incendios, con tarefas como limpeza e rozas e traballos relacionados coas faixas de protección dos núcleos rurais.

As brigadas santiaguesas complétanse coa de Tordoia, que contará con dous albaneis e tres peóns grazas á axuda de 23.164,40 euros, a de Toques, con dous traballadores e 8.945,12 euros, e a de Arzúa, na que se contratarán tres empregados con cargo a 9.283,77 euros dos fondos provinciais.

Comarca de Ferrol

O PMA deixa un total de 124.173,31 euros nas catro brigadas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O Concello de Monfero viuse especialmente favorecido por estas axudas da Deputación, xa que recibe a maior achega da provincia : 50.126,58 euros, cos que se poderán contratar oito peóns para a mellora da contorna natural.

O resto dos fondos do PMA da zona recaen en Cedeira (12.778,28 euros), Mañón (35.231,28 euros), Monfero (50.126,58 euros) e Ortigueira (36.037,17 euros).

Bergantiños e Barbanza

Na Costa da Morte, serán dúas as brigadas financiadas polo Plan de Medio Ambiente. Trátase de Corcubión, que recibiu 3.181,15 euros e contratará dous peóns, e A Laracha, que poderá empregar a seis traballadores coa axuda de 22.753,8 euros.

Os 28.607,66 euros que o PAS deixa nas brigadas barbanzanas destinaranse á formación de brigadas en Carnota e Lousame.

En Carnota destinaranse 7.358,57 euros á contratación de dous peóns que se dedicarán, entre outros labores, á limpeza e acondicionamento da Senda Verde, das rutas de sendeirismo do Monte Pindo e outras como as rutas dos Mariñeiros, Faro de Lariño, Bico do Santo e Fervenza das Fontes.

Lousame destinará un presuposto de 21.249 euros á contratación dun oficial e tres peóns.

Páxinas suxeridas