Mostra Emilia Pardo Bazán: unha ollada desde Marineda
Son moitas as institucións que este ano están a conmemorar os cen anos do pasamento da polifacética Condesa de Pardo Bazán, sen dúbida figura principal nas letras españolas, e pioneira en moitos outros eidos.
[caption id="attachment_16131" align="aligncenter" width="410"] Exemplar de Los Pazos de Ulloa, de 1886, dedicado pola autora á Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña[/caption]
Dende a Biblioteca Provincial da Coruña, na súa Marineda natal, non podemos deixar de recordar á que foi unha das súas máis ilustres usuarias. Como non podía ser doutro xeito, facémolo a través dos libros.
Para tratar de ofrecer unha visión da súa complexa figura, recollemos nesta mostra non só as súas obras (literarias, ensaísticas e xornalísticas) se non tamén aqueloutras que falan dela e do seu legado, e achegando, ao tempo, materiais elaborados a partir das súas creacións.
[caption id="attachment_16133" align="aligncenter" width="431"] Prancha de chumbo do século XIX para a impresión da portada da partitura de J. Baldomir, dedicada a Emilia Pardo Bazán. Da Colección Canuto Berea[/caption]
Por mor das diversas actividades que entorno a esta figura se están a levar a cabo, botaremos en falta non podermos incluír nesta ollada algunhas das mais estimadas pezas que, da autora, posúe esta biblioteca. Sería o caso, por exemplo, do manuscrito “La poesía regional gallega: discurso presidencial leído en la velada para honrar la memoria de Rosalía de Castro…” de 1885, que se atopa prestado á Biblioteca Nacional para formar parte da súa mostra Emilia Pardo Bazán: El reto de la modernidad que actualmente se exhibe en Madrid, e o vindeiro mes de outubro estará no Kiosko Alfonso da Coruña.
[caption id="attachment_16134" align="aligncenter" width="400"] "Estudio crítico de las obras del padre Feijoo", obra coa que gañou o Certame conmemorativo ao Padre Feijoo en Ourense en 1876 ao que tamén se presentara Concepción Arenal, e que supuxo un pulo na súa carreira. Dedicado á Biblioteca da Deputación da Coruña[/caption]
Para tratar de apoiar e completar a narración visual que os elementos que compoñen a mostra constitúen, achegamos a continuación unha pequena recensión biográfica e unha bibliografía ampla desta muller extraordinaria. A xeito de guía de lectura complétase o texto coas referencias das obras dela e sobre ela que a biblioteca posúe na súa colección.
[caption id="attachment_16135" align="aligncenter" width="396"] Epistolarios da correspondencia entre a escritora e diversos persoeiros da época[/caption]
Agardamos que este texto, e a mostra que o complementa e desenvolve, sirvan de alicerce para coñecer á autora mais de preto nas súas múltiples facetas, e tamén os recursos que, para iso, pode ofrecer esta Biblioteca.
[caption id="attachment_16136" align="aligncenter" width="402"] Revista de Galicia, dirixida por Emilia Pardo Bazán[/caption]
Guía de lectura da mostra: Emilia Pardo Bazán. Unha ollada desde Marineda
Horario: ata o 30 de setembro, de luns a venres de 8:30 a 14:00 e de 15:00 a 20:30 h. A partir do 1 de outubro: de luns a venres de 8:30 a 20:30 e sábados de 9:00 a 14:00 h. Entrada de balde.escri