Información inscrición cursos de inglés
Sesións presenciais que comezan o 4 de outubro de 2021
Impartidos por Elisabeth Hamer
PRAZAS: 15 persoas en cada curso
Para poder realizar a inscrición e cubrir o formulario web é preciso ter o número de carné da biblioteca á man. Se non eres socio/a date de alta canto antes na biblioteca ou na web.
Info dos cursos de inglés en: https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/cursos-gratuitos-de-ingles-2021/ INSCRICIÓN NOS CURSOS DE INGLÉS
Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premer en Inscrición no Curso de inglés e elixir o nivel correspondente, día e hora. A páxina para inscribirse nas actividades activarase o día 23 de setembro ás 10:30 h. Continuará aberta ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
Resérvanse prazas (5 por curso) para facer a inscrición por teléfono chamando o día 23 de setembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos)
Pasados uns días, as persoas que se inscribiron na web e obtiveron a praza, comunicaráselles por correo electrónico a súa admisión. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.
Reservarase unha praza por persoa.
Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.
A Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria.
Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todos os asistentes o cumprimento das normas establecidas.