Curso de inglés nivel medio II (mércores)
Orientado a persoas que xa teñen algún coñecemento de inglés e queren perder o medo a falalo.
Os mércores de 10:30 a 11:45 h.
Impartidos por Elisabeth Hamer.
Comeza o 6 de outubro.
Inscrición: a partir do 23 de setembro ás 10:30 h na web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no curso de inglés (é preciso ter o carné da biblioteca á man, e a páxina non funcionará ata o momento en que comece a inscrición).
Información: Cursos de inglés outono 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña