Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina máis de 2,6 millóns de euros en axudas a museos, entidades culturais e agrupacións de música

O deputado provincial, Xurxo Couto, salienta a importancia de reforzar o tecido asociativo da cultura "sen o que non sería posible a transmisión e dinamización da nosa música, do noso baile e da nosa cultura en xeral"

A Deputación destina máis de 2,6 millóns de euros en axudas a museos, entidades culturais e agrupacións de música

A Deputación da Coruña investirá en 2022 2.630.000 euros en axudas a programas culturais e investimentos de entidades veciñais, culturais, sociais, educativas ou asistenciais sen ánimo de lucro, e tamén para titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas.

Para contribuír a que as fundacións e a entidades sen fins de lucro da provincia titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas poidan desenvolver os seus programas de actividades culturais, a Deputación destina 500.000 €, cun mínimo de 1.500 € e un máximo de 30.000 €. Para propostas culturais de entidades se ánimo de lucro, 950.000 €, cun mínimo de 1.500 € e un máximo en función da modalidade: entidades de natureza cultural, 30.000 €, entidades de natureza veciñal, 10.000 entidades de natureza socio educativa: 10.000 €, e entidades de natureza social e ou asistencial,10.000 €. Para que entidades sen ánimo de lucro poidan realizar investimentos culturais destina 300.000 €, cun mínimo de 1.500 € e un máximo de 30.000, tamén dependendo da modalidade: entidades de natureza cultural, 30.000 €, entidades de natureza veciñal, 10.000 entidades de natureza socio educativa: 10.000 €, e entidades de natureza social e ou asistencial,10.000 €.

Para programas de corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato, a institución provincial destina este exercicio 480.000 euros, cun mínimo 1.500 € e un máximo 30.000 €. Para investimentos de corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato destina 200.000 euros, cun mínimo 1.500 € e un máximo 15.000 €. E para entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva a nivel galego das persoas ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega destina 200.000 euros, cun mínimo 1.500 € e un máximo 30.000 €.

O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, salienta a importancia de reforzar o tecido cultural asociativo, "tan relevante para seguir transmitindo e dinamizando, sobre todo entre a xente nova, o baile e a música tradicionais, así como a cultura en xeral". Couto fixo tamén fincapé na necesidade de que estas asociacións conten con axudas xa non só aos seus programas, senón para a mellora das súas instalacións e equipamentos. Nese sentido, o deputado insistiu en que "tamén os museos, centros de interpretación e bibliotecas, como difusores que son da cultura e do patrimonio, deben poder contar con apoio económico para ofrecer a mellor atención ao público".

As bases das catro convocatorias xa está o publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 24 de xaneiro, mentres que prazo de presentación de solicitudes darase a coñecer no BOP nos vindeiros días.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X