A Deputación da Coruña incrementa de 7,9 a 10,1 millóns de euros o investimento do Plan de conservación de estradas provinciais
O programa, aprobado hoxe no pleno, contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas
Xunto co plan de desbroces, supón un investimento medio de 6.400 euros por quilómetro de estrada
A Deputación da Coruña investirá este ano 10.103.981,93 euros no Plan de conservación de vías provinciais, un 27% máis ca o ano pasado, no que o orzamento foi de 7,9 millóns. O plan vén de ser aprobado por unanimidade no pleno de hoxe da institución provincial.
"O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (63,2%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (14,6%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 5% dos investimentos e a instalación de defensas viarias u obras de drenaxe, un 15% cada unha, respectivamente.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,5 millóns anuais, que inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
6.400 euros por quilómetro
Os programas de Conservación, Reparación Urxente e Desbroce das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.400 euros por quilómetro, apunta o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, que entende que "o traballo de mantemento e conservación da rede de estradas da Deputación nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".
GRUPO | IINVESTIMENTO 2021 | INVESTIMENTO 2022 |
GRUPO 1A ORTIGUEIRA | 127.151,14 | 244.430,71 |
GRUPO 1B CARIÑO | 271.802,63 | 164.702,25 |
GRUPO 2 MAÑON E AS PONTES | 118.181,76 | 254.838,25 |
GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO | 283.725,76 | 293.819,30 |
GRUPO 4 FERROL E NARON | 264.628,96 | 426.560,15 |
GRUPO 5 MOCHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS | 320.935,44 | 273.130,61 |
GRUPO 6 ARES, FENE, MUGARDOS E NEDA | 94.232,17 | 242.457,89 |
GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME | 297.012,87 | 320.882,13 |
GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR | 266.656,11 | 313.233,55 |
GRUPO 9 OLEIROS E SADA | 327.358,65 | 449.940,92 |
GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS | 327.053,21 | 342.942,93 |
GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS | 325.008,98 | 447.313,77 |
GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS | 346.176,51 | 344.846,90 |
GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO | 173.387,43 | 156.021,60 |
GRUPO 13B BOIMORTO,MESIA E VILASANTAR | 124.895,27 | 316.305,16 |
GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES | 248.367,67 | 340.897,06 |
GRUPO 15: ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO Y TOURO | 198.131,93 | 263.825,74 |
GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO | 328.845,26 | 504.405,80 |
GRUPO 17 CARBALLO,CERCEDA E A LARACHA | 390.293,62 | 419.316,41 |
GRUPO 18 CABANA,MALPICA E PONTECESO | 351.500,95 | 377.448,56 |
GRUPO 19 CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO | 154.949,50 | 165.924,32 |
GRUPO 20 CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS | 161.523,20 | 135.640,12 |
GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA | 215.504,63 | 244.128,54 |
GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA | 258.684,98 | 260.156,56 |
GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES | 227.804,30 | 223.192,67 |
GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA | 282.203,65 | 287.119,68 |
GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRON E ROIS | 233.355,28 | 368.317,54 |
GRUPO 26 AMES, SANTIAGO, TEO E VEDRA | 180.213,54 | 301.034,76 |
GRUPO 27 BOIRO E RIANXO | 173.370,39 | 195.107,32 |
GRUPO 28 A POBRA DO CARAMIÑAL, PORTO DO SON | 382.214,29 | 560.417,95 |
GRUPO 34 DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO | 139.659,62 | 214.821,65 |
GRUPO 35 CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS | 205.761,67 | 314.738,35 |
GRUPO 36 DP 3404 A SERRA DE OUTESADUMBRÍA | 101.438,29 | 336.062,68 |
TOTAL | 7.902.029,66 | 10.103.981,93 |