Os estudantes do IES Rafael Puga Ramón proclámanse campións da IV edición do Torneo de Debate Académico de Galicia
O auditorio da Fundación Barrié, na Coruña, acolleu a primeira final dun torneo no que se deron cita 22 centros e máis de 150 alumnos de toda a comunidade autónoma.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quixo trasladar os seus parabéns "a Candela, Paz, Ana, Joel e Antía, así como a todo o equipo docente deste instituto polo seu gran traballo nesta cita"
As estudantes e os estudantes do IES Rafael Puga Ramón da Deputación da Coruña, proclamáronse campións da IV edición do Torneo de Debate Académico de Galicia.
O auditorio da Fundación Barrié, na Coruña, acolleu a primeira final dun torneo no que se deron cita 22 centros de toda a comunidade autónoma, dezaoito privados e catro públicos e máis de 150 alumnos.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quixo trasladar os seus parabéns "a Candela, Paz, Ana, Joel e Antía, así como a todo o equipo docente do instituto polo seu gran traballo nesta cita".
A pregunta sobre a que os dez mozos e mozas debateron, cinco por cada grupo, foi se se debería prohibir o emprego das redes sociais aos menores de idade. Para isto contaron con cinco fases, a de exposición da tese a defender, a argumentación, tres intervencións de refutación dialéctica e a conclusión.
O equipo gañador, da man da profesora Lucía Laya Gómez, estivo conformado por Candela Rico Picos, Paz Puga Sampedro, Ana Varela Posse, Joel Mato Pazos e Antía Rey Bayón.
Ana Varela, elixida mellor oradora
Durante as súas intervencións, de entre dous e cinco minutos, os estudantes botaron man de artigos académicos e estudos para xustificar as súas posturas. Dos vencedores saíu tamén a mellor oradora desta edición, Ana Varela. A distinción outórgase polo estudante máis nomeado polo xurado, por ser o que mellor expón as súas ideas o longo da competición.