Estás en:Emprego Novas

Valentín González Formoso felicita a Xosé Zapata polo Goya a ‘The Monkey’ como mellor curtametraxe de animación

"Os Goya amosaron de novo o extraordinario talento do cine e do audiovisual galego", afirmou Formoso, que felicitou as galegas e galegos gañadores nas diferentes categorías dos premios do cine español

O presidente, acompañado do deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiu hoxe ao cineasta coruñés no pazo provincial e agradeceulle "a mención á Deputación que fixo na gala"

"The Monkey" foi beneficiaria dunha axuda da área de Cultura para empresas de produción e distribución audiovisual

Valentín González Formoso felicita a Xosé Zapata polo Goya a ‘The Monkey’ como mellor curtametraxe de animación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiron hoxe no pazo provincial ao cineasta coruñés Xosé Zapata, ao que felicitaron polo Goya á mellor curtametraxe de animación que recibiu 'The Monkey'.

González Formoso agradeceulle ademais "a mención á Deputación da Coruña" que este carralés afincado en Arzúa fixo na gala dos Premios Goya celebrada o pasado sábado, 12 de febreiro, e explicou que "nesta institución sentimos como parte de nós a 'The Monkey'" xa que é unha das beneficiarias das axudas da área de Cultura para empresas de produción e distribución audiovisual.

"Os Goya amosaron de novo o extraordinario talento do cine e do sector audiovisual galego", afirmou Formoso, que tamén quixo dar os parabéns "aos outros galegos que foron premiados ou que forman parte de pezas galardoadas: Chechu Salgado, Zeltia Montes, Chelo Loureiro, Nani García... e a todas as persoas que deixan a pel durante todo o ano para que, un ano máis, Galicia se posicione como un referente no audiovisual nacional".

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, destacou "o apoio constante ao sector audiovisual galego e en galego, unha aposta que se materializa tanto a través das axudas á distribución de filmes como en diversos programas e proxectos en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual".

The Monkey é unha coprodución entre España e Portugal, froito dun longo traballo de case cinco anos que narra unha fermosa fábula contra o racismo

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X