Estás en:Emprego Novas

O prazo para presentar orixinais ao XXI Premio Miguel González Garcés de poesía remata o 26 de abril

O prazo para presentar orixinais ao XXI Premio Miguel González Garcés de poesía remata o 26 de abril

O vindeiro 26 de abril remata o prazo para presentar orixinais ao XXI Premio Miguel González Garcés de poesía, convocado pola Deputación da Coruña. O premio é único e está dotado coa cantidade de 6.500 euros.

"Silabario da peste", de Lupe Gómez, e "Contra natura", de Daniel Asorey, foron as obras gañadoras en 2020. Na nómina de premiadas e premiados en anteriores edicións están tamén Luz Pozo Garza (premiada en 1992 por "Prometo a flor de loto"), Helena Villar Janeiro (accésit en 1994 por "Festa do corpo"), Xosé María Álvarez Cáccamo (gañador en 1999 con "Vocabulario das orixes") ou Miguel Anxo Fernán-Vello (gañador en 2004 con "Capital do corpo").

Con carácter bianual desde o ano 2000, o González Garcés "non só dá continuidade ao que xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e recolle tamén o exemplo deste significativo escritor coruñés, senón que constitúe un fiable indicador da boa saúde da literatura galega e, en concreto, da súa poesía", en palabras do responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X