Estás en:Emprego Novas

A Deputación premia as novas promesas do atletismo da provincia da Coruña

A deputada de Deportes, Cristina Capelán participou na entrega de premios aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías do Circuíto de Atletismo en Pista da Deputación

Capelán destacou "o potencial da canteira do atletismo coruñés" e subliñou que a Deputación dedica este ano máis de 3 millóns de euros para impulsar o deporte na provincia

A Deputación premia as novas promesas do atletismo da provincia da Coruña

Cristina Capelán destaca a gran proxección da canteira de deportistas de Galicia na entrega de premios do circuíto de atletismo en pista da Deputación. A deputada de Deportes participou no acto celebrado no Hotel Eurostars Atlántico, no que se galardoou aos gañadores e gañadoras das diversas probas da competición.

Capelán felicitou as persoas premiadas e a todas as participantes na proba celebrada nos meses de novembro e decembro en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Oleiros, Ordes e Ferrol. A responsable da área de Deportes tamén sinalou "o altísimo nivel amosado nas diferentes modalidades".

O evento desenvolveuse nas categorías sub-10 e sub-12 coas seguintes probas: carreiras (50 e 500 metros en sub-10 e 60 e 500 metros en sub-12), salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Capelán agradeceu ás federacións galega e española de atletismo a súa colaboración para desenvolver a iniciativa.

Máis de 3 millóns de euros para impulsar o deporte

Capelán indicou que o circuíto de atletismo provincial "é parte da nosa aposta polo deporte e constitúe unha boa plataforma para darse a coñecer e medrar no ámbito". A Deputación da Coruña dedica este ano máis de 3 millóns de euros para impulsar o deporte na provincia. Faino a través de diversas liñas de actuación, nas que se enmarca tamén esta proba.

O ente provincial dedica neste ano 450.000 euros para desenvolver distintas modalidades deportivas e fomentar o deporte base, 400.000 euros para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos na provincia e 500.000 euros para mellorar infraestruturas e equipamento deportivo. Ademais, tamén achega 1,7 millóns de euros para apoiar a equipos e deportistas en competicións locais, provinciais, autonómicas, nacionais e internacionais.

A través das diferentes liñas, a Deputación deu apoio no 2021 a un total de 513 deportistas e entidades deportivas da provincia.

Listaxe de premiados e premiadas:

CATEGORÍA SUB-10 HOMES

50 Metros lisos

Lemus Iglesias, Pablo

Dijkstra Perez, Ian

Fariña Silvoso, David

500 Metros lisos

Corrales Riobo, Samuel

Fariña Silvoso, David

Cordal Amarelle, Hugo

Salto de altura

Sanchez Díez, Héctor

Cortés Pérez, Tiago

Lago Carbajales, Beltrán

Salto de lonxitude

Orol Leivas, Asier

Cordal Amarelle, Hugo

Balderrabano Villaverde, Lucas

Lanzamento de peso 1kg

Cabanas Medina, Gabriel Anton

Fernandez Calvar, Alejandro

Dijkstra Perez, Ian

CATEGORÍA SUB-10 MULLERES

50 metros lisos

Ruiz Freire, Laura

Currás Garcia, Lena

Cortón Pérez, Claudia

500 metros lisos

Currás Garcia, Lena

Bayón Diz, Daniela

Cortón Pérez, Claudia

Salto de altura

Ortiz Delgado, Rachel

Ruiz Freire, Laura

Garcia-Carro Antiña, Carlota

Salto de lonxitude

Currás Garcia, Lena

Ortiz Delgado, Rachel

Cortón Pérez, Claudia

Lanzamento de Peso 1kg

Prego Silvestre, Mara

Cortón Pérez, Claudia

Castelo Sanchez, Candela

CATEGORÍA SUB-12 HOMES

60 metros lisos

Sieira Gerpe, Jun

Castro Pereira, Bruno

Paz Celeiro, Adrian

500 metros lisos

Sieira Gerpe, Jun

Paz Celeiro, Adrian

Zuluaga Lamazares, Hugo

Salto de altura

Costa Salgueiro, Mario

Casal Gonzalez, Xaquim

Vázquez Faraldo, Roi

Cabaleiro Alvarez, Alejandro

Salto de lonxitude

Castro Pereira, Bruno

Bascoy Rentería, Samuel

Paz Celeiro, Adrian

Lanzamento de peso 2 kg

Garcia Lopez, Mario

Linos Casas, Daniel

Ambite Santana, Diego

CATEGORÍA SUB-12 MULLERES

60 metros lisos

Rios Velo, Laura

Vizoso De La Vega, Alba

Bello Iglesias, Alma

500 metros lisos

Paz Santamaria, Carmen

Lago Carbajales, Candela

Martinez Garcia, Iria

Salto de altura

Paz Santamaría, Carmen

Lago Carbajales, Candela

Faraldo Garcia, Sara

Vizoso De La Vega, Alba

Salto de lonxitude

Rios Velo, Laura

Bello Iglesias, Alma

Naveira Cornide, Carolina

Lanzamento de peso 2 kg

Caamaño Caamaño, Sara

Vázquez Conde, Marina

Vilas Fernandez, Maria

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X