O Plan Único da Deputación destina 7 millóns para reforzar os programas sociais dos concellos da provincia
O pleno da institución provincial deu luz verde ao Fondo Social do Plan Único 2022

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe o Fondo Social do Plan Único, que destina 7 millóns de euros para financiar os gastos sociais dos concellos durante o ano 2022 .
Ampliación dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF), reforzo do cadro de persoal nas áreas sociais dos concellos, programas de respiro familiar e conciliación familiar e laboral, adquisición de EPIs e outro material para atención social ou axudas directas ás familias máis vulnerables que están sufrindo especialmente os efectos desta crise son algúns dos programas municipais que contarán co apoio da Deputación a través do Fondo Social do Plan Único.
Nos últimos dous anos, a Deputación realizou a maior aposta social da súa historia, reforzando todos os seus programas sociais para facer fronte ás consecuencias da pandemia e aos seus efectos económicos entre os colectivos máis vulnerables e as familias con menos recursos.
Entre 2021 e 2022, o Plan Único leva investido 21 millóns de euros para reforzar os programas sociais dos concellos da provincia e incrementáronse tamén programas como o de servizos sociais comunitarios, que en 2022 alcanza os 8,3 millóns de euros de orzamento, o permitirá contratar a 177 especialistas no ámbito social nos concellos e financiar preto de 387.000 horas de axuda no fogar, 100.000 máis que antes da pandemia. Tamén se reforzaron servizos como o da Teleasistencia, esencial para as persoas maiores que viven soas, que conta xa con preto de 3.000 usuarios e usuarias activos.
Listaxe de gastos sociais extraordinarios do exercicio 2022
CONCELLO | ACHEGA PROVINCIAL |
|
Abegondo | 76.193,39 € |
|
Ames | 157.736,37 € |
|
Aranga | 61.080,79 € |
|
Ares | 41.475,17 € |
|
Arteixo | 169.839,87 € |
|
Arzúa | 104.836,92 € |
|
A Baña | 68.666,88 € |
|
Bergondo | 55.582,72 € |
|
Betanzos | 70.094,06 € |
|
Boimorto | 57.703,11 € |
|
Boiro | 111.083,33 € |
|
Boqueixón | 63.183,76 € |
|
Brión | 70.802,88 € |
|
Cabana de Bergantiños | 67.023,89 € |
|
Cabanas | 39.966,22 € |
|
Camariñas | 49.410,55 € |
|
Cambre | 121.260,72 € |
|
A Capela | 35.623,18 € |
|
Carballo | 196.229,20 € |
|
Cariño | 43.566,60 € |
|
Carnota | 51.875,43 € |
|
Carral | 56.763,85 € |
|
Cedeira | 68.257,90 € |
|
Cee | 61.722,62 € |
|
Cerceda | 73.053,75 € |
|
Cerdido | 33.392,60 € |
|
Coirós | 34.744,77 € |
|
Corcubión | 20.249,50 € |
|
Coristanco | 91.816,12 € |
|
A Coruña | 29.312,24 € |
|
Culleredo | 147.812,18 € |
|
Curtis | 65.839,24 € |
|
Dodro | 32.918,68 € |
|
Dumbría | 68.752,21 € |
|
Fene | 72.891,21 € |
|
Ferrol | 56.988,78 € |
|
Fisterra | 39.679,97 € |
|
Frades | 56.398,52 € |
|
Irixoa | 43.425,21 € |
|
Laxe | 39.402,85 € |
|
A Laracha | 102.730,26 € |
|
Lousame | 57.719,01 € |
|
Malpica de Bergantiños | 56.952,53 € |
|
Mañón | 47.233,75 € |
|
Mazaricos | 97.002,74 € |
|
Melide | 97.710,15 € |
|
Mesía | 64.873,39 € |
|
Miño | 53.431,59 € |
|
Moeche | 35.559,97 € |
|
Monfero | 78.509,90 € |
|
Mugardos | 41.289,73 € |
|
Muros | 70.422,74 € |
|
Muxía | 79.804,45 € |
|
Narón | 173.924,97 € |
|
Neda | 39.924,59 € |
|
Negreira | 88.559,62 € |
|
Noia | 76.658,54 € |
|
Oleiros | 160.127,48 € |
|
Ordes | 117.145,66 € |
|
Oroso | 72.453,72 € |
|
Ortigueira | 120.825,91 € |
|
Outes | 73.319,89 € |
|
Oza-Cesuras | 109.551,92 € |
|
Paderne | 40.753,34 € |
|
Padrón | 61.651,12 € |
|
O Pino | 83.256,75 € |
|
A Pobra do Caramiñal | 57.586,06 € |
|
Ponteceso | 74.394,05 € |
|
Pontedeume | 55.422,25 € |
|
As Pontes de García Rodríguez | 145.759,75 € |
|
Porto do Son | 82.214,97 € |
|
Rianxo | 72.942,58 € |
|
Ribeira | 133.761,85 € |
|
Rois | 68.543,77 € |
|
Sada | 83.342,92 € |
|
San Sadurniño | 58.968,96 € |
|
Santa Comba | 126.487,89 € |
|
Santiago de Compostela | 125.043,94 € |
|
Santiso | 56.125,47 € |
|
Sobrado | 65.989,14 € |
|
As Somozas | 48.346,64 € |
|
Teo | 113.291,34 € |
|
Toques | 49.657,26 € |
|
Tordoia | 70.741,10 € |
|
Touro | 79.227,98 € |
|
Trazo | 63.500,74 € |
|
Val do Dubra | 69.612,39 € |
|
Valdoviño | 68.647,54 € |
|
Vedra | 57.727,86 € |
|
Vilarmaior | 29.856,16 € |
|
Vilasantar | 40.877,92 € |
|
Vimianzo | 108.298,70 € |
|
Zas | 85.579,81 € |
|
TOTAL ACHEGA PROVINCIAL | 7.000.000,00 € |
|