Estás en:Emprego Novas

A Deputación estuda fórmulas para a adquisición dunha ambulancia para Protección Civil de Ferrol

Blas García reuniuse co xefe da agrupación ferrolá, Alejandro Santiago; o coordinador de seguridade municipal, Santiago Troitiño e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya

O deputado de Facenda e Economía propuxo un convenio a tres partes entre Concello, Deputación e Xunta de Galicia

A Deputación estuda fórmulas para a adquisición dunha ambulancia para Protección Civil de Ferrol

A Deputación da Coruña está a estudar a fórmula máis axeitada para a adquisición dunha ambulancia para a agrupación de Protección Civil de Ferrol, que solicitou a renovación da actual, con 10 anos de antigüidade e que fóra adquirida no seu momento pola administración provincial.
Para iso, o deputado de Promoción Económica, Blas García, reuniuse co xefe da agrupación ferrolá, Alejandro Santiago; o coordinador de seguridade do Concello de Ferrol, Santiago Trotiño; e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya.
No encontro propúxose a realización dun convenio a tres partes entre Concello de Ferrol, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia que permita a adquisición deste vehículo, que permitirá dar servizo á agrupación nos seus operativos e saídas diarias.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X