Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña volve a Turexpo para promover o máis singular dos xeodestinos da provincia

Como novidade, a institución provincial contará con servizos de publicidade corporativa desde un globo aerostático que incorpora o lema 'A Coruña, unha provincia por descubrir' e o logo da Deputación

"É un xeito", explicou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, "non só de facer atractivo o paso dos visitantes polo noso stand, senón de atraer fluxos turísticos á provincia e de fomentar o turismo de natureza combinado co turismo activo"

A Deputación da Coruña volve a Turexpo para promover o máis singular dos xeodestinos da provincia

O recinto feiral de Silleda volve abrir a súas portas para acoller desde hoxe ata o 5 de xuño o XI Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2022. Ademais dos preto de 40 turoperadores confirmados —de Alemaña, Bélxica, España, Francia, Inglaterra, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Andorra e San Marino— a Deputación da Coruña terá un ano máis presencia cunha caseta de 24 m2 e unha estratexia centrada na promoción da oferta turística dos seis xeodestinos da provincia. No stand darase información sobre o Camiño de Santiago, festivais, feiras e produtos gastronómicos ou rutas de sendeirismo, co obxectivo de dar visibilidade ao potencial turístico dos concellos da provincia.

"Un ano máis", sinala o vicepresidente e responsable de Turismo coruñés, Xosé Regueira, "participamos en Turexpo para promover o máis singular dos xeodestinos da provincia, tendo en conta que nesta ocasión o noso territorio pasa a ter seis a oito xeodestinos, polo que imos a reformular a nosa estratexia en base a esa nova modificación".

Turexpo ofrecerá, unha edición máis, a Bolsa de Contratación Turística, unha ferramenta con mesas de negocio para propiciar encontros con operadores turísticos e para a que a Deputación ten reservados 16 puntos de acceso gratuítos. Como novidade, a institución provincial contará con servizos de publicidade corporativa desde un globo aerostático que incorpora o lema 'A Coruña, unha provincia por descubrir' e o logo da Deputación. "É un xeito, explicou Regueira, "non só de facer atractivo o paso dos visitantes polo noso stand, senón de atraer fluxos turísticos á provincia e de fomentar o turismo de natureza combinado co turismo activo". O globo, sostido por cables fixados en terra e cun sistema de elevación e descenso, fará voos cativos. "Non sobrevoará o recinto, pero si dará a posibilidade de contemplar, desde moitísima altura, boa parte da provincia". O globo estará dispoñible para o público, se as condicións meteorolóxicas o permiten, todos os días da feira unha hora pola mañá e outra pola tarde.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X