Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia con 200.000 euros a renovación da rede de abastecemento de auga en Outeiro, Sombreu (Miño)

Formoso e Faraldo asinaron hoxe o convenio de colaboración

As obras inclúen a execución dunha nova rede e a renovación total do pavimento nos tramos onde se levarán a cabo os traballos

A Deputación financia con 200.000 euros a renovación da rede de abastecemento de auga en Outeiro, Sombreu (Miño)

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, asinaron hoxe o convenio de colaboración para o financiamento das obras de renovación da rede de abastecemento de auga en Outeiro, Sombreu. Ao acto asistiu tamén o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández.

A actuación conta cun orzamento de 200.377,84 euro, financiada ao 100% con fondos provinciais. Permitirá substituír un tramo da rede xeral de auga do municipio que, ao ter unha antigüidade superior a 40 anos, sufre roturas tódolos anos, case sempre na época de verán, e require dunha renovación urxente.

As obras a levar a cabo inclúen a substitución da rede actual de fibrocemento por unha de fundición e a renovación total do pavimento nos tramos onde se levarán a cabo as obras. O prazo de execución estímase en 2 meses desde o inicio dos traballos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X