Máis de 600 actrices e actores participaron no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña
O certame regresou tras a pandemia con 55 obras teatrais en diferentes categorías, desde escolares ata grupos de teatro sénior
O Teatro Colón acolleu esta tarde a entrega de premios da gran cita anual do teatro escolar e afeccionado da provincia da Coruña
Formoso agradeceu a elevada participación de escolares nun certame que na súa 23 edición "mantén o mesmo obxectivo que tiña nos seus inicios: estimular o talento artístico dos escolares e o tecido cultural da provincia", salientou
O Teatro Colón acolleu hoxe a gala de clausura do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, un acto no que se encheu o teatro coruñés para facer a entrega de premios das diferentes categorías.
Un total de 55 obras e máis de 600 actores e actrices de todas as idades e de diferentes centros educativos da provincia, pasaron polas táboas do teatro do IES Rosalía Mera ao longo dos case tres meses de certame que hoxe tocaron ao seu fin.
No acto participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
Formoso destacou na súa intervención “o gran traballo feito no IES Rosalía Mera para poder levar a cabo esta edición” e cualificou o certame como “a gran cita anual do teatro escolar e afeccionado da provincia da Coruña”. “A pesar da múltiple oferta de ocio coa que, afortunadamente, contamos hoxe en día, o teatro nunca pasa de moda. O teatro está moi vivo, eu diría que máis ca nunca”, salientou.
Ademais, Formoso valorou que “tras máis de dúas décadas de andaina, o certame mantén o mesmo obxectivo que tiña nos seus inicios: estimular o talento artístico dos escolares e do tecido cultural da provincia”.
A gala estivo conducida por Gemma Pardo e amenizada pola compañía La Sincro e a entregados diferentes premios correu a cargo de actores e actrices premiados en anteriores edicións,membros do xurado e profesionais vinculados ó mundo do teatro e do audiovisual galegos.
Os premios que se entregaron nas diferentes categorías foron o de ‘Mellor dirección artística’, ‘Mellor’ actuación’, ‘Mellor actuación de reparto’, ‘Mellor obra’, e os correspondentes ‘Accésits’. O premio para a mellor obra en categoría sénior foi para ‘Crime Desorganizado’, da Agrupación Teatral Mariñán; o de mellor actuación en categoría sénior foi para Abel Caballero Campos polo seu papel de Líbano en ‘Asinaria’; e o de mellor actuación de reparto en categoría sénior foi para Inés Valiño Calviño polo seu papel de MandyClifor en ‘Crime desorganizado’ da Agrupación Teatral Mariñán. Ademais, entregouse o ‘Premio de honra’ a Jesús Ricardo Martín Fernández pola súa traxectoria no teatro clásico e no teatro da Coruña.
Relación de premiados
MELLOR ACTUACIÓN | BENXAMÍN | LUCÍA POCES DIEGUEZ | CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO | TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS |
MELLOR ACTUACIÓN REPARTO | CADETE | ANTONIO JOSÉ CANOSA MUÑOZ | EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO | TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS |
MELLOR ACTUACIÓN | CADETE | NOA PARDEIRO FUENTES | EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO | TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS |
MELLOR ACTUACIÓN REPARTO | XUVENIL | JACOBO LOZANO GARCÍA | HÉCUBA | CÍA TEATRO NOITE BOHEMIA |
MELLOR ACTUACIÓN | XUVENIL | AMALIA BARREIRO OROSA | EL ACERO DE MADRID | NOITE BOHEMIA |
MELLOR ACTUACIÓN REPARTO | SENIOR | INÉS VALIÑO CALVIÑO | CRIME DESORGANIZADO | AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN |
MELLOR ACTUACIÓN | SENIOR | ABEL CABALLERO CAMPOS | ASINARIA | ASOCIACIÓN CASA CASTILLA LA MANCHA - CORZO PRODUCCIONES |
MELLOR ACTUACIÓN REPARTO | INFANTIL | NURIA SANMARTÍN PASTORIZA | ANIÑA! XUNTAS POR FIN! | ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL |
MELLOR ACTUACIÓN | INFANTIL | JULIA OROZA SANZ | ANIÑA! XUNTAS POR FIN! | ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL |
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA | BENXAMÍN | CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO | TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS |
2ª MELLOR OBRA | BENXAMÍN | LA REINA QUE VEÍA LAS ESTRELLAS | ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO PATACÓN |
MELLOR OBRA | BENXAMÍN | CEMENTO, LADRILLO, PAN Y MEMBRILLO | TREBELLOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS |
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA | CADETE | EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO | TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS |
5ª MELLOR OBRA | CADETE | ATAQUE PREVENTIVO | ABRENTE DE LA CÍA NOITE BOHEMIA |
4ª MELLOR OBRA | CADETE | MULLERES | CPR LICEO LA PAZ |
3ª MELLOR OBRA | CADETE | EL LINDO DON DIEGO, BREVE COMENTARIO | TELÓN DE AQUILES DO IES MONTE DAS MOAS |
2ª MELLOR OBRA | CADETE | PIRATEATRO | ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO COMEDY2 |
MELLOR OBRA | CADETE | ¡ES LA GUERRA! | CPR LICEO LA PAZ |
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA | XUVENIL | EL ACERO DE MADRID | NOITE BOHEMIA |
5ª MELLOR OBRA | XUVENIL | SUITJAR E O SOÑO PERDIDO | ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS - GRUPO ES3HA2 |
4ª MELLOR OBRA | XUVENIL | UNA CENA DE MUERTE | DEIMOS TEATRO |
3ª MELLOR OBRA | XUVENIL | HÉCUBA | CÍA TEATRO NOITE BOHEMIA |
2ª MELLOR OBRA | XUVENIL | ELECTRA | NOITE BOHEMIA |
MELLOR OBRA | XUVENIL | EL ACERO DE MADRID | NOITE BOHEMIA |
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA | SENIOR | RETRATOS VELLOS | A TENENCIA TEATRO |
5ª MELLOR OBRA | SENIOR | LA VENUS DEL ESPEJO | CAJÓN DE SASTRE |
4ª MELLOR OBRA | SENIOR | MILLO | ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA AFECCIONADA |
3ª MELLOR OBRA | SENIOR | ASINARIA | ASOCIACIÓN CASA CASTILLA LA MANCHA - CORZO PRODUCCIONES |
2ª MELLOR OBRA | SENIOR | EL CADÁVER DEL SR. GARCÍA | CASA DE CASTILLA LA MANCHA |
MELLOR OBRA | SENIOR | CRIME DESORGANIZADO | AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN |
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA | INFANTIL | ANIÑA! XUNTAS POR FIN! | ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL |
5ª MELLOR OBRA | INFANTIL | PON EL MUNDO AL REVÉS | OS TRASNOS - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS |
4ª MELLOR OBRA | INFANTIL | A ILLA DO SETE E MEDO | GRUPO XOSEÍÑ@S - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS |
3ª MELLOR OBRA | INFANTIL | MULADAR | "OS GALÁNS TEATRO" |
2ª MELLOR OBRA | INFANTIL | AY DOCTOR | GRUPO DE TEATRO CEIP EUSEBIO DA GUARDA |
MELLOR OBRA | INFANTIL | ANIÑA! XUNTAS POR FIN! | ESCOLA GALEGA DE TEATRO MUSICAL - COMPAÑÍA INFANTIL |
PREMIO DE HONRA | JESÚS RICARDO MARTÍN FERNÁNDEZ |