Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia con 75.000 euros a compra dun tractor equipado con medios auxiliares para o Concello de Frades

Valentín González Formoso e Roberto Rey Martínez asinaron hoxe o convenio polo que a Deputación achegará o 80% do orzamento total do proxecto, que ascende a 93.600 euros

Entre os traballos máis importantes que levará a cabo este vehículo será a limpeza de cunetas de todas as pistas forestais

A Deputación financia con 75.000 euros a compra dun tractor equipado con medios auxiliares para o Concello de Frades

A Deputación da Coruña financiará con 74.880 euros a compra dun tractor equipado con medios auxiliares para o Concello de Frades, que necesita deste novo vehículo para non sobrecargar a flota da que dispón actualmente.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, asinaron hoxe o convenio polo que a administración provincial destinará 74.880 euros, o que supón o 80% do custo total do proxecto, que ascende a 93.600 euros. No acto estiveron tamén os deputados de Economía, Antonio Leira, e Patrimonio, Xosé Luís Penas.

Entre os traballos máis importantes que levará a cabo o tractor, que virá equipado cunha pá, será a limpeza de cunetas de todas as pistas forestais, de xeito que permitirá o acceso aos montes para a súa rozadura e limpeza, mellorando tamén a prevención de incendios.

No prego de condicións especifícanse as características técnicas que haberá de ter o tractor, como por exemplo: motor diesel de entre 110 e 130 CV, cabina abatible e pa, cambio sincronizado de, polo menos, 24 velocidades de avance e 24 de retroceso, velocidade máxima de polo menos 40 km/h, inversor e elevador electrónico.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X