Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña apoia con 60.000 euros a programación cultural da Real Academia Galega

A Deputación da Coruña apoia con 60.000 euros a programación cultural da Real Academia Galega

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o seu homólogo da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, asinaron na sede da institución provincial o convenio polo que a Deputación financia a programación cultural da entidade durante o ano 2022.

A Deputación achega 60.000 euros, un 80% do orzamento que a Real Academia inviste nas actividades da súa programación anual, na que este ano adquire un especial protagonismo o estudo e traballo sobre a toponimia.

Así, as actividades que se financian son: o Congreso Internacional de Onomástica no Camiño de Santiago 'Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio', o 'Primavera das Letras 2022' centrado en Florencio Delgado Gurriarán, a publicación da toponimia de Tordoia e a de Ribeira e, por último, a elaboración dun repositorio de sociolingüística galega.

Formoso incidiu na importancia de apoiar o traballo que leva a cabo a RAG na promoción da lingua e cultura galegas "e o seu incalculable labor cos máis pequenos para garantir o futuro do idioma", obxectivo no que se centran moitas das actividades da programación anual.

Pola súa banda, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, agradeceu o apoio da Deputación para manter, ano tras ano, a actividade desta institución centenaria.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X