O servizo de Teleasistencia da Deputación chega a 3.152 persoas e amplía a cobertura aos municipios de ata 75.000 habitantes
O pleno aprobou hoxe a ampliación do servizo a municipios de ata 75.000 habitantes, o que permitirá dar servizo á cidade de Ferrol
O número de persoas usuarias incrementouse en 249 no último ano
A central de asistencia, situada na Coruña, funciona 24 horas ao día, os 365 días do ano e conta con 3.152 persoas usuarias activas en toda a provincia, a maioría delas maiores que residen soas no seu domicilio
Carballo con 183 persoas usuarias, Narón (166), Ribeira (109), Malpica (91), Culleredo (89) e Melide (88) son os municipios con maior número de dispositivos do servizo de teleasistencia provincial
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe a proposta do goberno provincial de ampliar o servizo de Teleasistencia aos municipios de ata 75.000 habitantes, aumentando así a cobertura actual, que chegaba aos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes, todos a excepción das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.
Con esta medida, a Deputación da Coruña poderá ofrecer este servizo de Teleasistencia tamén á cidade de Ferrol, que xa mostrou o seu interese en sumarse ao mesmo.
A día de hoxe son xa 3.152 as persoas as que se benefician do servizo de Teleasistencia domiciliaria (TAD) da Deputación da Coruña, que conta cunha central situada no polígono coruñés da Grela. Desde finais do ano 2021, cando se contaba con 2.903 usuarios e usuarias, rexistráronse 240 novas altas.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que "non deixan de aumentar as persoas que se benefician deste servizo" e comentou que "como sempre dixemos, o noso obxectivo é seguir medrando e agora os ferroláns e ferrolás tamén poderán facer uso deste servizo social tan importante, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida da xente".
Eloxiou tamén "o gran traballo que realizan as operadoras para acompañar aos nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día".
Facilidade de acceso ao servizo
A Teleasistencia é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional. Calquera persoa pode acceder demandándoo a través dos servizos sociais dos concellos.
Carballo, con 183 persoas usuarias, Narón (166), Ribeira (109), Malpica (91), Culleredo (89 e Melide (88) son os municipios que contan con maior número de beneficiarios do servizo de teleasistencia en toda a provincia.
Preto dos usuarios
As teleoperadoras do servizo de teleasistencia provincial realizan, todos os días, ao redor de 500 chamadas de control desde a central. No que vai de ano, emitíronse un total de 11.321 chamadas. O obxectivo: interesarse sobre se a persoa descansou ben, tomou a súa medicación e se atopa en bo estado de saúde.
Cada usuario ou usuaria leva consigo un intercomunicador as 24 horas do día, que se executa a través dun pequeno botón que incorpora unha liña de conexión telefónica, e a información que aporta queda rexistrada nun programa informático, co que se crea un expediente individualizado que permite un seguimento máis completo e eficaz.
Algunhas das funcións que se realizan son: recordatorio da hora da medicación ou dunha cita médica, felicitarlles polo seu aniversario, interesarse polo seu estado de saúde... Ademais, os usuarios poden chamar á central no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente, que queiran falar coas operadoras.
NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS DA TELEASISTENCIA POR CONCELLOS
A Coruña/ As Mariñas
CONCELLOS | USUARIOS |
Abegondo | 23 |
Aranga | 8 |
Arteixo | 84 |
Bergondo | 59 |
Betanzos | 38 |
Cambre | 47 |
Carral | 31 |
Coirós | 19 |
Culleredo | 89 |
Curtis | 65 |
Irixoa | 7 |
Miño | 22 |
Oleiros | 78 |
Oza-Cesuras | 43 |
Paderne | 25 |
Sada | 65 |
Sobrado | 11 |
Vilasantar | 27 |
Total | 741 |
BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE
CONCELLO | USUARIOS |
Cabana De Bergantiños | 25 |
Camariñas | 20 |
Carballo | 183 |
Cee | 37 |
Cerceda | 32 |
Corcubión | 16 |
Coristanco | 13 |
Dumbría | 14 |
Fisterra | 23 |
Laracha (A) | 29 |
Laxe | 47 |
Malpica De Bergantiños | 91 |
Muxía | 25 |
Ponteceso | 51 |
Vimianzo | 37 |
Zas | 22 |
Total | 665 |
SANTIAGO
CONCELLO | USUARIOS |
Ames | 61 |
Arzúa | 80 |
Baña (A) | 28 |
Boimorto | 25 |
Boqueixón | 36 |
Brión | 14 |
Dodro | 8 |
Frades | 6 |
Melide | 88 |
Mesía | 12 |
Negreira | 30 |
Ordes | 13 |
Oroso | 34 |
Padrón | 10 |
Pino (O) | 30 |
Rois | 24 |
Santa Comba | 40 |
Santiso | 9 |
Teo | 78 |
Toques | 13 |
Tordoia | 13 |
Touro | 28 |
Trazo | 11 |
Val Do Dubra | 16 |
Vedra | 5 |
Total | 712 |
BARBANZA
CONCELLO | USUARIOS |
Boiro | 58 |
Carnota | 20 |
Lousame | 17 |
Mazaricos | 13 |
Noia | 31 |
Outes | 61 |
Pobra Do Caramiñal (A) | 34 |
Porto Do Son | 32 |
Rianxo | 76 |
Ribeira | 109 |
Total | 451 |
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL
CONCELLO | USUARIOS |
Ares | 9 |
Cabanas | 23 |
Capela (A) | 6 |
Cariño | 33 |
Cedeira | 41 |
Cerdido | 5 |
Fene | 32 |
Mañón | 11 |
Moeche | 5 |
Monfero | 15 |
Mugardos | 34 |
Narón | 166 |
Neda | 15 |
Ortigueira | 62 |
Pontedeume | 22 |
Pontes De García Rodríguez (As) | 32 |
San Sadurniño | 30 |
Somozas (As) | 2 |
Valdoviño | 34 |
Vilarmaior | 5 |
Total | 582 |