A Deputación inviste 76.000 euros nas obras de reurbanización da Avenida Bello Piñeiro, en Mugardos
O orzamento total da actuación elévase ata os 96.000 euros, dos que a entidade provincial achega o 80 %
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para cofinanciar as obras de reurbanización da Avenida Bello Piñeiro, no concello mugardés.
A entidade provincial apoiará esta actuación con 76.000 euros dos 96.000 euros totais, o que supón o 80 % da cantidade total.
A actuación consiste na substitución das árbores situadas nas beiravías da avenida, na reparación das coroas de rega destas árbores e das zonas deterioradas. Limparanse as beirarrúas e substituiranse os contedores de residuos en mal estado.
Procederase, tamén, á instalación dunhas pantallas para cubrir os contedores de madeira, co obxectivo de integrar estes elementos na paisaxe da contorna.
Esta actuación pretende reurbanizar e mellorar a estética da Avenida Bello Piñeiro a través da súa humanización, permitindo renovar a rúa adaptándoa á súa contorna.