Estás en:Emprego Novas

A Deputación adxudica por 669.332 euros as obras de ampliación da estrada DP 6301, en Oza-Cesuras

As obras duplicarán a anchura da estrada, que pasará de 4 a 8 metros, mellorando a seguridade na entrada e saída do núcleo de Callobre e no acceso á estrada que vai a Limiñón

Esta previsto que rematen en xuño de 2023

A Deputación adxudica por 669.332 euros as obras de ampliación da estrada DP 6301, en Oza-Cesuras

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 669.332 euros as obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP 6301, de Serra de Abaixo a Porzomillos, no municipio de Oza-Cesuras.

As obras terán lugar en dous tramos que suman dous quilómetros e que van desde o inicio da estrada ata o núcleo de Callobre, no PK 1+180 e entre os PK 1+720 (saída de Callobre) e 2+500, onde se conecta coa estrada de Limiñón.

Este investimento suporá unha importante mellora da seguridade desta vía, duplicando a súa anchura dos catro metros actuais (con tramos de tres onde se complica notablemente o cruce de dous vehículos) ata os oito metros, dotando a estrada dun novo ancho de oito metros, con carrís de circulación de 3,5 metros de ancho en cada sentido e beiravías de seguridade de medio metro.

O proxecto inclúe a substitución do drenaxe transversal da estrada ao seu paso polo regato da Pedra, así como a mellora das interseccións coas estradas que dá acceso aos núcleos de San Vicente de Vigo e Limiñón. A nova estrada pavimentarase con mestura bituminosa en quente.

O prazo de execución das obras será de seis meses desde o seu inicio, previsto para o vindeiro mes de xaneiro.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X