Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina 100.000 euros para sufragar o programa de actividades sociais e culturais do centro asociado á UNED da Coruña

Financia actividades, conferencias, cursos ou visitas guiadas nos campus de Ferrol e A Coruña

A Deputación destina 100.000 euros para sufragar o programa de actividades sociais e culturais do centro asociado á UNED da Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 100.000 euros ao Centro Asociado á UNED da Coruña para o financiamento da súa programación de actividades sociais e culturais durante o ano 2023.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director do centro asociado da UNED na Coruña, Germán Carro Fernández, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financia este ciclo de actividades. No acto estivo tamén o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

No pasado curso a UNED programou un total de 59 actividades, conferencias e cursos polas que pasaron 4.197 alumnos e alumnas, e que abranguen disciplinas tan diversas coma o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia ou as novas tecnoloxías.

Destacaron na pasada edición actividades como a Mediación no eido educativo e as súas prácticas, o programa TICs para a UNED Senior, ou o relatorio "A intimidade e as súas dimensións".

Formoso destacou a "o amplo abano da programación que ofrece a UNED ao alumnado e que permite o acceso á educación a persoas de todas as idades na provincia co fin de que poidan ampliar os seus coñecementos dun xeito áxil e obtendo certificacións do máis alto nivel".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X