A Deputación apoia con 12.000 euros a Festa da Pataca de Coristanco
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, asinaron o convenio para o financiamento da XL Festa da Pataca de Coristanco, celebrada o pasado setembro na localidade.
A Deputación achega 12.000 € para colaborar nesta edición especial da festa, que celebra corenta anos de traxectoria e vén de ser declarada Festa de Interese Turístico.
A festa promociona ademais a calidade dun produco gastronómico de referencia na localidade, único polas súas características e que supón unha importante fonte de ingresos para numerosos agricultores e produtores locais.
1
2
Fotogalería