Estás en:Emprego Novas

O 15 de maio remata o prazo de recepción de orixinais para o Premio Torrente Ballester de narrativa

É o certame máis veterano dos que convoca a Deputación da Coruña e está dotado con 15.000 € para cada unha das modalidades, en lingua galega e en lingua castelá

O 13 de abril remata o prazo de recepción de orixinais para o Premio Manuel Murguía de ensaio, dotado con 6.500 euros

O 4 de maio remata o prazo de recepción de candidaturas para o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, dotado con 6.500 euros para cada unha das categorías, traxectoria e iniciativa

O 15 de maio remata o prazo de recepción de orixinais para o Premio Torrente Ballester de narrativa

O 15 de maio é a data límite para presentar obras orixinais e inéditas, tanto en lingua galega como en castelán, para o Premio Torrente Ballester de narrativa. Trátase do premio decano de todos os que convoca a Deputación da Coruña, chegando neste ano á súa XXXV edición, e está dotado cunha cuantía económica de 15.000 euros para cada unha das modalidades.

Ademais de ser o premio máis veterano dos convocados pola institución provincial tamén é un dos máis antigos e prestixiados do panorama literario galego. Nas máis de tres décadas de vida do certame teñen resultado gañadoras escritoras e escritores moi coñecidos e recoñecidos, tanto a nivel galego como estatal, tales como Blanca Riestra, Luísa Castro, Eli Ríos, Manuel Rivas, Francisco F. Freixanes ou Antón Riveiro Coello. Na anterior edición resultou gañador Amador Castro Moure coa novela "Pronto hei de volver" en lingua galega, quedando deserto na modalidade de lingua castelá.

A convocatoria deste certame sae hoxe publicada no BOP xunto coa de dous premios máis: o XIV Premio 'Manuel Murguía' de ensaio e o VII Premio 'Begoña Caamaño' á acción cultural pola igualdade de xénero.

O XIV Premio 'Manuel Murguía' de ensaio pechará o prazo de recepción de orixinais o 13 de abril e premiará, con 6.500 euros, orixinais en lingua galega sobre Galicia, ou relacionados con ela, inéditos e non premiados en ningún outro premio ou certame. Esta convocatoria, que ten carácter bianual, premiara na edición de 2021 o ensaio "Estendendo a rebelión. Sindicalistas marítimos galegos na América atlántica 1875-1930" do autor Bieito Alonso.

Pola súa banda, o Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualde de xénero pechará o prazo de candidaturas o vindeiro 4 de maio e está dotado con 6.500 euros para cada unha das modalidades: iniciativa e traxectoria. Na modalidade iniciativa premiaranse iniciativas ou proxectos culturais que incorporen unha perspectiva feminista en todas as actividades e servizos derivados; mentres que na modalidade traxectoria premiarase a traxectoria de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura. Na anterior edición, resultaran gañadoras o Grupo de Traballo de Igualdade e Xénero do CEIP Barouta na modalidade iniciativa, e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao na modalidade traxectoria.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X