Estás en:Emprego Novas

O Castelo de Vimianzo, enclave escollido para o segundo videoclip da campaña #PatrimonioInMaterial

O grupo Técor Societario estrea videoclip dentro da campaña de comunicación transmedia da Deputación da Coruña para poñer en valor a pegada histórica e cultural de seis localizacións de titularidade provincial. O vídeo estará dispoñible na canle de Youtube da Deputación a partires do luns 27 de marzo

Na difusión tamén colaboran creadoras de contidos culturais e xestores de comunidades como Ola Xon Mario!, Orgullo Galego ou Rodri Míguez. A produción e coordinación técnica correrá a cargo da Cooperativa Audiovisual Suseia

O Castelo de Vimianzo, enclave escollido para o segundo videoclip da campaña #PatrimonioInMaterial

O Castelo de Vimianzo é o escenario escollido para o segundo videoclip da campaña transmedia #PatrimonioInMaterial. O grupo Técor Societario será o segundo grupo en estrear videoclip no marco desta campaña co seu tema a "Força de mil anos", unha mestura entre punk e celtic folk que convida a coñecer a nosa historia e organizarse contra as inxustizas sociais como xa fixeron os nosos devanceiros.

Convén lembrar que esta iniciativa comezou a súa andaina o pasado luns nas canles da Deputación co tema MuiñeiraX, fusión de folk e rock da banda Adhara and Ritman, gravado no Dolmen de Dombate. #PatrimonioInMaterial é unha acción de difusión da área de Patrimonio da Deputación, que xestiona o deputado Xosé Lois Penas, que ten por obxecto promover a pegada histórica e cultural de varios bens patrimoniais de titularidade provincial. Así, baixo o cancelo #PatrimonioInMaterial estanse a difundir seis videoclips musicais en redes sociais para amosar a simbiose natural que existe entre o Patrimonio Material e Inmaterial.

Cada luns estase a subir un videoclip á canle de Youtube da Deptuación e, ao longo de cada semana, realizanse diversas accións de difusión a cargo de creadoras de contidos culturais e xestores de comunidades: os luns a última hora Rodri Míguez fai unha análise dun minuto do espazo escollido para interpretar a canción, os martes á tardiña a conversa é en Twich da man de Orgullo Galego, os mércores Ola Xon Mario! encárgase de poñer a nota de humor e os xoves un post de Orgullo Galego achega lendas e datos de interese relacionados co ben de interese.

Entre as bandas e solistas que participan existe unha grande variedade de xéneros musicais e propostas creativas: Adhara and Ritman coa súa mestura de folk e soul; O Rabelo que interpretará un tema tecno-tradi; Minguante e a aposta polo pop-indie; Técor Societario cun tema punk-folk; Sofia Espiñeira coa frescura do pop en galego e Lisdexia cunha aposta polo pop-punk.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X