A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia
Valentín González Formoso destaca o "carácter social" do programa PEL-Concellos, que prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral
91 concellos percibirán axudas de entre 19.000 e 75.000 euros para a contratación de persoal dedicado a servizos básicos municipais
 
								             A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.
Este ano, un total de 91 concellos coruñeses recibirán preto de 3,5 millóns de euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o "carácter social" desta liña do PEL para fomentar a creación de emprego nos concellos, "que ofrece unha oportunidade laboral a centos de persoas con especiais dificultades para atopar un emprego nun momento económico complexo coma o actual".
"Impulsar a recuperación económica, a creación de emprego e a apoiar aos colectivos que máis o necesitan son obxectivos fundamentais do goberno da Deputación que se cumpren neste programa, que ademais contribúe a mellorar servizos básicos nos municipios da provincia", afirmou Formoso.
As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade
Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.
Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros sen emprego, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.
Entre 19.000 e 75.000 euros por concello
Os importes que reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optaban a unha contía única de 75.000 euros.
Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.
Ademais os concellos deberán ter en conta que as contratacións realizadas ao abeiro deste Programa regularanse polo Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral.
Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.300 persoas desempregadas da provincia.
3.032 solicitudes de axudas para contratacións e investimentos en empresas
PEL-Concellos é unha das liñas PEL, o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, que contempla tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.
Este ano, a Deputación recibiu 3.032 solicitudes para optar ás distintas liñas de axudas do PEL, que contan cun orzamento de 11 millóns de euros e que se darán a coñecer nunhas semanas.
| BARBANZA | IMPORTE CONCEDIDO | 
| Boiro | 52.000,00 € | 
| Carnota | 37.000,00 € | 
| Lousame | 28.000,00 € | 
| Mazaricos | 30.998,25 € | 
| Muros | 46.000,00 € | 
| Noia | 48.241,52 € | 
| Outes | 37.000,00 € | 
| Pobra do Caramiñal, A | 46.000,00 € | 
| Porto do Son | 43.000,00 € | 
| Rianxo | 48.471,15 € | 
| Ribeira | 52.000,00 € | 
| TOTAL BARBANZA | 468.710,92 € | 
| FERROL | IMPORTE CONCEDIDO | 
| Ares | 43.000,00 € | 
| Cabanas | 31.000,00 € | 
| Capela (A) | 25.000,00 € | 
| Cariño | 37.000,00 € | 
| Cedeira | 43.000,00 € | 
| Cerdido | 25.000,00 € | 
| Fene | 52.000,00 € | 
| Ferrol | 75.000,00 € | 
| Mañón | 22.000,00 € | 
| Moeche | 22.000,00 € | 
| Monfero | 22.000,00 € | 
| Mugardos | 40.000,00 € | 
| Neda | 40.000,00 € | 
| Ortigueira | 38.772,72 € | 
| Pontedeume | 46.000,00 € | 
| Pontes (As) | 49.000,00 € | 
| San Sadurniño | 28.000,00 € | 
| Somozas, As | 25.000,00 € | 
| Valdoviño | 43.000,00 € | 
| Vilarmaior | 22.000,00 € | 
| TOTAL FERROL | 728.772,72 € | 
| CARBALLO | IMPORTE CONCEDIDO | 
| Cabana de Bergantiños | 37.000,00 € | 
| Camariñas | 39.554,57 € | 
| Cee | 49.000,00 € | 
| Cerceda | 37.000,00 € | 
| Corcubión | 27.873,70 € | 
| Coristanco | 46.000,00 € | 
| Dumbría | 37.000,00 € | 
| Fisterra | 37.000,00 € | 
| Laracha (A) | 49.000,00 € | 
| Laxe | 37.000,00 € | 
| Malpica de Bergantiños | 40.000,00 € | 
| Muxía | 37.000,00 € | 
| Ponteceso | 40.000,00 € | 
| Vimianzo | 40.000,00 € | 
| Zas | 35.691,60 € | 
| CARBALLO | 589.119,87 € | 
| CORUÑA | IMPORTE CONCEDIDO | 
| Abegondo | 37.000,00 € | 
| Aranga | 25.000,00 € | 
| Arteixo | 52.000,00 € | 
| Bergondo | 42.851,88 € | 
| Betanzos | 51.860,40 € | 
| Cambre | 52.000,00 € | 
| Carral | 40.000,00 € | 
| Coirós | 25.000,00 € | 
| Coruña (A) | 75.000,00 € | 
| Culleredo | 48.884,94 € | 
| Curtis | 31.000,00 € | 
| Irixoa | 22.000,00 € | 
| Mesía | 25.000,00 € | 
| Miño | 43.000,00 € | 
| Oleiros | 52.000,00 € | 
| Oza-Cesuras | 37.000,00 € | 
| Paderne | 25.000,00 € | 
| Sada | 52.000,00 € | 
| Sobrado | 22.000,00 € | 
| Vilasantar | 19.000,00 € | 
| TOTAL CORUÑA | 777.597,22 € | 
| SANTIAGO | IMPORTE CONCEDIDO | 
| Ames | 52.000,00 € | 
| Arzúa | 34.000,00 € | 
| Baña (A) | 31.000,00 € | 
| Boimorto | 25.000,00 € | 
| Boqueixón | 28.000,00 € | 
| Brión | 46.000,00 € | 
| Dodro | 31.000,00 € | 
| Frades | 25.000,00 € | 
| Melide | 43.000,00 € | 
| Negreira | 46.000,00 € | 
| Ordes | 48.992,47 € | 
| Oroso | 43.000,00 € | 
| Padrón | 49.000,00 € | 
| Pino (O) | 31.000,00 € | 
| Rois | 37.000,00 € | 
| Santa Comba | 46.000,00 € | 
| Santiago de Compostela | 74.444,59 € | 
| Santiso | 25.000,00 € | 
| Teo | 52.000,00 € | 
| Toques | 19.000,00 € | 
| Tordoia | 28.000,00 € | 
| Touro | 31.000,00 € | 
| Trazo | 25.000,00 € | 
| Val do Dubra | 28.000,00 € | 
| Vedra | 31.000,00 € | 
| TOTAL SANTIAGO | 929.437,06 € | 
| 
 | 
 | 
| TOTAL PROVINCIA | 3.493.637,79 € | 
 
                   
                   
                
 
          
    