Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia con máis de 300.000 euros o proxecto de equipamento escénico do novo auditorio do Concello de Ribeira

O novo auditorio permitirá dar servizo ao municipio para o desenvolvemento de actividades culturais e sociais

A Deputación financia con máis de 300.000 euros o proxecto de equipamento escénico do novo auditorio do Concello de Ribeira

A Deputación da Coruña financia o equipamento escénico do novo auditorio de Ribeira con máis de 300.000 euros, segundo o convenio de cooperación aprobado na sesión do pleno do pasado mes de febreiro e asinado hoxe polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde, Manuel Ruíz Rivas.

O novo auditorio permitirá dar servizo a unha poboación de preto de 28.000 habitantes, para o desenvolvemento cultural e social a través de representacións teatrais, concertos, recitais, conferencias, etc. En total, a Deputación investirá o 80% do proxecto (300.788,22 euros) dun orzamento total de 375.985 euros.

O proxecto permitiralle ao Auditorio dispoñer dunha infraestrutura escénica necesaria para acomodar aquelas representacións propias do inmoble grazas a un equipamento que incluirá una maquinaria escénica, vestido escénico, novo sistema de iluminación e son, na sala principal, e un sistema de vídeo-proxección na sala polivalente.

O investimento permitirá crear un sistema novo de maquinaria escénica de elevación proxectado para o escenario que sustentará os panos, decorados e equipos de iluminación da sala. Por outra banda, o vestido escénico contemplado no proxecto disporá dunha boca escénica formada por unha embocadura móbil con un bambolina e un pano de grandes dimensións. En canto ao sistema de iluminación, estará composto por 4 dimmers, unha mesa de control de iluminación, oito proxectores RGBW, oito recortes LED branco e unha instalación de cable DMX.

O sistema de son de última xeración será capaz de axustar acústica de cada espectáculo para a correcta audición dos eventos con equipos de reprodución, procesamento e amplificación. O sistema contará con altofalantes suspendidos, unha mesa de son e catro amplificadores no escenario.

Ademais, a sala polivalente contará cun sistema de vídeo proxector e unha pantalla de 15 m² cun sistema de son móbil e conexión sen fíos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X